Galicia cae ante Canarias na semifinal da Copa das Rexións

Fútbol

Un penalti de Santi Domínguez deja fuera a la Selección Galega en las semifinales del torneo regional europeo

Andrés, do Gran Peña, titular.
Andrés, do Gran Peña, titular. | Atlántico

A Selección Galega dixo adeus á Copa das Rexións UEFA tras caer na prórroga da semifinal ante Canarias (0-1) cun tanto de penalti de Santi Domínguez. Galicia quixo mandar a través da posesión da pelota ante unha selección canaria que optou por esperar para tentar sorprender á contra.

Nunha desas, dispuxo dunha ocasión moi clara para adiantarse no marcador á media hora de fútbol cun remate coa testa de Guayre que sacou o gardarredes Andrés, do Gran Peña, na liña de gol.

Na continuación, e sen cambios en ningún dos dous equipos, Galicia, con Lucas Camba, do Alondras, no medio campo, foi arriba e dispuxo de ocasións, pero sen éxito. Tampouco do equipo canario, polo que fóron á prórroga. No tempo extra, Canarias foi quen de adiantarse no electrónico e deixar a Galicia fóra da Copa.

Contenido patrocinado

stats