Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Taekwondo
Galicia acadou a vitoria no Campionato de España de técnica infantil por autonomías disputado o pasado sábado na localidade de Alicante. Cun total de seis títulos, os galegos mandaron con man de ferro na cita de carácter estatal.
Dentro dos deportistas de Vigo e o área metropolitana, Martina Meilán, do Tao vigués, obtivo a vitoria en benxamín. En alevín B acadou a primeira posición a taekwondista do Patiño moañés Valeria Soto. O Omnhium de Redondela tamén situou a un representante no alto do podio. Foi Diego Blanco, tamén en alevíns. A entidade morracense do Patiño sumou a segunda praza de podio con Noelia Bernárdez en infantil, mentres que o Hebe moañés obtivo un bronce por medio do cadete Lucas Yelo.
En definitiva, unha boa colleita de metais para a delegación de Galicia desprazada ata Alicante. Os taekwondistas volven a amosar que en técnica están na vangarda española e, incluso, europea e mundial, como demostran os títulos que caen ano a ano nas citas internacionais. Ademais, os clubs punteiros como o Tao, Hebe e Patiño tamén fan un gran traballo de canteira para garantir o relevo deportivo. Este Campionato de España deixou claro que ese esforzo vai polo camiño correcto. A delegación de Galicia foi ampla e regresou con ata seis títulos, tres de eles para deportistas que militan en clubs de Vigo e comarca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada