Fernández e Villar, raíñas Miño abaixo

As padexeiras do Tudensegañarone axudaron á vitoria colectiva

Publicado: 20 ago 2023 - 10:05

A sempre espectacular saída da proba competitiva tivo lugar en Salvaterra, baixo a ponte internacional que une a localidade do Condado coa portuguesa de Monçao.
A sempre espectacular saída da proba competitiva tivo lugar en Salvaterra, baixo a ponte internacional que une a localidade do Condado coa portuguesa de Monçao.

Tania Fernández e Carmen Villar apañaron a sempre especial vitoria do Descenso Internacional do Miño nun día no que o seu clube, o Kayak Tudense, saíu vencedor por equipos na cita máis sobranceira para a entidade. O tándem gañou a proba feminina de K2, na que o clube de Tui meteu na terceira posición a Lara Feijoo e Iria Ludeña. A institución de Tui tamén venceu no K2 mixto, con Leticia Piña e Rubén Millán.

Foros os mellores resultados de deportistas da entidade na proba competitiva, que uniu os 14 quilómetros que separan Salvaterra de Tui polo Miño abaixo. Antes, houbo tempo para realizar a festa do descenso popular. A metade de quilometraxe, con saída dende Caldelas, e cunha morea de xente gozando do río, da familia e dos amigos. E tamén, por suposto, das sempre importantes viandas e dos refrixerios que axudan a dixerilas a bordo das embarcacións. Coma é habitual, esta modalidade foi que deixou mellores instantáneas con deportistas disfrazados e mesmo con padexeiros de catro patas e raza canina.

A chuvia que onte visitou o área non foi impedimento para unha xornada lúdica e festiva entre os tripulantes populares e de alta competición cos deportistas da proba internacional. Chegou xente de todas partes e, de feito, o vencedor no K1 foi o uruguaio Manuel Garaycoechea. Entre as mulleres, levou a vitoria a navarra Amaia Osaba. O K2 masculino foise para Boiro, co triunfo de Adrián Prada e Joaquín Iglesias. En canto ás canoas, Jaime Duro, do Ciudad de Pontevedra, gañou o C1, e Fernando Busto e Diego Miguéns, da Romaría Vikinga As Torres de Catoira, o C2.

Contenido patrocinado

stats