Enerxía celeste na Madroa

Fútbol femenino

As Celtas gañaron o torneo feminino organizado polo clube vigués nas categorías infantil e cadete, mentres que o triunfo alevín foi para o Victoria tras batir ó Alondras na final

Un milleiro de rapazas en idades alevín, infantil e cadete gozaron do fútbol durante o xoves, o venres e onte sábado nun total de 95 encontros nesta segunda edición do torneo.
Un milleiro de rapazas en idades alevín, infantil e cadete gozaron do fútbol durante o xoves, o venres e onte sábado nun total de 95 encontros nesta segunda edición do torneo. | Vicente Alonso

Onte caeu o pano da segunda edición da Copa Máis Enerxía, organizada polo Celta na Madroa. Durante o xoves, o venres e o mentado sábado, 45 equipos femininos de Galicia e Portugal, ademais do Olímpico de León, amosaron as súas habilidades con un milleiro de xogadoras repartidas nas categorías alevín, infantil e cadete. En total, 95 encontros e unha morea de xente desfilando polas instalacións para seguir o futuro do fútbol feminino.

A cita rematou onte coas máis pequenas da festa. O Victoria CF da Coruña levou o título despois de derrotar na final a un combativo Alondras (0-1). As canguesas o tiveron preto, despois de derrotar o Noia na semifinal (1-0). As herculinas chegaban tras vencer ó Bergantiños (3-1).

As outras dúas categorías tiveron cor celeste. As Celtas deixou na casa dous dos tres trofeos en xogo. As célticas comezaron a festa na xornada inaugural, levándose o título no envite infantil. As locais superaron ó Racing de Ferrol na gran final cun solvente 2-0. Antes, derrotaron ó Victoria na semifinal 4-2 para culminar unha traxectoria impoluta cara a Copa. As ferrolás superaron ó Famaliçao luso no penúltimo chanzo.

Para o venres quedou a competición das maiores e As Celtas tamén saiu campión. Precisamente o Famaliçao portugués foi o seu rival nunha semifinal moi desigual, resolta polas de casa cun contundente 5-0. Na final agardaba outro equipo do sur do río Miño. Nada menos que o Oporto, que superou ó Victoria por un axustado 2-1. O envite polo título foi do máis desputado e só un gol de Aroa desequilibrou a balanza a favor do equipo celeste, que rematou levantando a Copa despois de se impór por 1-0.

Todo isto nuns días marcados pola deportividade e a paixón polo fútbol. As xogadoras do futuro divertíronse na Madroa e levaron para casa fermosas lembranzas dunha Semana Santa de enerxía celeste.

Contenido patrocinado

stats