Empate algo aburrido nos Carrís
terceira división
O Choco, que tentou facerse co balón, sumou un punto nun partido sen goles ante un defensivo Barbadás
Partido de moito ritmo, boas intencións e escasas opcións de gol. O Choco foi o que máis tentou ter o balón ante o Barbadás, que, a pesar de estar na zona de descenso, chegou ó partido despois de dúas vitorias tras axustar todo o seu sistema defensivo.
De feito, onte amosouse no seu campo como unha formación dura atrás. Na primeira metade as opcións de gol foron escasas e destacou un pase profundo cara Ricar que controlou longo, a oportunidade marchou pola liña de fondo antes do descanso.
Xa no segundo tempo, os dous equipos saltaron ó terreo de xogo coa intención de continuar na liña marcada. O Barbadás estaba cómodo nun partido no que apenas concedía ocasións ante un Choco que buscaba a elaboración, pero no que perdeu capacidade ofensiva coas baixas de Antón Escobar e, especialmente, Comis.
No segundo tempo, o Barbadás tivo unha opción de gol que tapou Cortegoso e, ó cuarto de hora da reanudación, o equipo de Redondela pediu unha pena máxima por unha patada de Ilyes a Marcos Pérez, que se adiantou ó defensa para sacarlle o balón. O árbitro non observou falta.
Os últimos minutos estiveron marcados polas accións a balón parado, aínda que sen demasiado perigo. O visitante Ricar volveu ter un man a man, pero controlou longo ante Rui Filipe, mentres que o local Nespereira enviou un disparo ó lateral da rede. Algunha ocasión, pero sen goles.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano
Dos metros desde Almería
Hockey patines
El Traviesas pierde con claridad en casa del líder
Baloncesto
Cantero afronta la empresa