Duatlón contra o frío

O monte Vixiador acolleu o Duatlón Cross Candeán Trasmañó coa presenza de 200 deportistas e con masiva parcipación de cativos, que competiron pola mañá entre a néboa

Publicado: 26 feb 2023 - 03:27 Actualizado: 26 feb 2023 - 03:28

O Vixiador acolleu unha femosa e tamén fría xornada de duatlón organizada polo Mar de Vigo.
O Vixiador acolleu unha femosa e tamén fría xornada de duatlón organizada polo Mar de Vigo.

A néboa estaba baixa como un gran día de inverno e impedía o paso do sol. Os duatletas corrían, saltaban e movían os brazos para evitar o frío. Algúns incluso, cruzaban a meta con algúns tremores pola baixa temperatura. O Vixiador acolleu unha nova edición do Duatlón Cross Candeán-Trasmañó de auténtico inverno, coa humidade da néboa e o termómetro sen pasar dos cinco graos. Deu igual, o deporte superou calquera circunstancia adversa e xa se sabe que correr e andar en bicicleta é unha boa receita para combater o frío. Iso si, a xente do público tiña posto o abrigo de pel, de plumas e os gorriños mentres suxeitaban o café con leite para levar mercado na cantina.

No puramente deportivo, a sesión matinal comenzou de categorías inferiores e vitorias para María Benasach e Fabián Pérez, en prebenxamín; Lucía Alvite e Tadeo Suárez, en benxamín; Aldara Gaciño e Antón Viña, en alevín; e Alba Porto e Lucas Carrizo, en infantil. No supersprint, que comezou con alto de atraso sobre a hora prevista, subiron ó alto do podio Miguel Ángel Amoedo, en absoluto; Brais Santana e Roque González, en cadetes; Uxía Bautista e Daniel Vieito, en xuvenís e Adrao Fernández, en júnior.

Xa de tarde disputouse a distancia estándar para mulleres e homes. A cita tamén contou cunha disciplina de parellas. A vitoria foi para Alexandre Otero, que superou a Marcos Mayo (O Treito) e Roi Álvarez (Delikia Vigo). En dúos, gañou o equipo de Borja Nouche e Francisco Javier Braña. Na modalidade mixta, gañaron María Rocío Fernández e Celso Suárez. En todo caso, era unha mistura perfecta entre subidas, baixadas e terreo chá, ademais de combinar pistas forestais, zonas de sendeiro e algún que outra zona técnica, que favorecía os ciclistas hábiles. En todo caso, puro e fermoso monte galego con paso por fontes, soutos e algunha carballeira.

Nenos e maiores gozaron e padeceron na xornada de frío e deporte ós arredores do monte do Viaxiador. Algúns tiveron un día perfecto, outros remataron cun pouco de frío de máis e, como sempre adoita suceder nas probas de monte, apareceron picadas de rodas, algúns problemas coas cadeas e incluso algunha roda solta. No treito de carreira, algún traspés con escasas consecuencias.

Contenido patrocinado

stats