Duatlón de verán en Samil

campionato galego de duatlón

Antonio Serrat e Camila Alonso proclámanse campións galegos nunha xornada de calor e un alto nivel deportivo

jorge castro. vigo deportesad@atlantico.net

Publicado: 10 abr 2017 - 12:15 Actualizado: 11 abr 2017 - 11:05

Camila Alonso lidera o grupo cabeceiro no primeiro sector de carreira a pé.
Camila Alonso lidera o grupo cabeceiro no primeiro sector de carreira a pé.

Camila Aloso na categoría feminina e Antonio Serrat na masculina proclamáronse onte campions galegos de duatlón en Samil nunha xornada solleira e de temperatura agradable que permitiu ós deportistas e ó público gozar dun fermoso trazado ó redor do areal vigués.

O día comezou coa proba popular e a continuación disputouse o título feminino, onde a proba converteuse nunha loita entre as irmáns Alonso e as Brea. No primeito treito a pé de cinco quilómetros mantivéronse xuntas e aproveitaron a transición para descolgar a Iria Fernández.

As catro deportistas cubriron xuntas o treito de bicicleta sen quedar ningunha delas descolgadas e a bo ritmo para xogarse a vitoria no tramo final de carreira de 2.500 metros por Samil.

Primeiro quedou rezagada Melina Alonso e despois Edymar Brea. Camila Alonso e Joselyn Brea xogáronse o título nos últimos metros con vitoria para a primeira, que se amosou especialmente rápida para cruzar en solitario o arco de chegada.

No proba masculina, o vigués Antonio Serrat, que conta con participacións nas Series Mundiais de triatlón, e Pablo Dapena racharon a proba dende o comezo. Fixeron xuntos o treito de bicicleta e Serrat superou con comodidade a Dapena na carreira. Luismi Velasquez completou o podio masculino.

Na competición popular que abriu a xornada Samil, con cen participantes, a vitoria foi para Andrea Iglesias e Daniel Pérez. O duatlón gozou dunha gran participación no referente ó nivel dos deportistas sobre un trazado fermoso e doado de seguir para os afeccionados.

Serrat, no centro, estivo acompañado no podio por Dapena e Velasquez.
Serrat, no centro, estivo acompañado no podio por Dapena e Velasquez.

Serrat, no centro, estivo acompañado no podio por Dapena e Velasquez.

Contenido patrocinado

stats