Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Ciclocross
Choveu o sábado con forza e, como é tradición, o ciclocrossmantívose porque para algo é a versión de outono e inverno do ciclismo. E no ciclocross Concello do Porriño, con trazado novo fóra do velódromo pero na zona, viviuse un día clásico desta modalidade da bicicleta: vento, choiva e lameiro. Un día de pureza, de imaxes épicas, de maillots camuflados pola terra e dalgunha caída en medio dos charcos. Unha ledicia visual e un padecemento para os que aínda non coñecen a realidade do ciclocross.
Así, nesas condicións, a vitoria absoluta foi para dous vigueses. Carla Fernández cruzou a meta tentando limpar, con pouco éxito, a terra pegada ó maillot. Samuel González, directamente, levantou os brazos e descartou tentar amosar ós patrocinadores. A súa imaxe era a dun ciclista recuberto de lameiro. Malamente quedaban os dentes sen terra.
A vitoria na categoría sub-23 foi para Gabriel Conde, do Avanza-Porriño, segundo na xeral. Entre as mulleres a máis rápida foi Vania Gregores (Ponteareas). Completaron o palmarés Haritz Serrano (Avanza) e Sara Peón (XSM), en júnior; Pedro Liaño (Caimanes) e Alba Gregores (Ponteareas), en cadetes; e Mateo Hermida (Avanza) e Leire García (Avanza), en infantís.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último