Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
O bosque, entre árbores e as follas do outono no chan, pode ser un lugar para agocharse, pasar desapercibido… Pero non foi onte en Ponteareas porque, ó lado da praia da Freixa, o club da localidade deseñou un trazado con treitos técnicos e chás, pero outros, entre os carballos, de verdaeira tortura. Costa arriba e abaixo, rampas imposibles, paradas e costas sobre un terra que non estaba con lameiro pero si algo branda. Para os ciclistas, o terreo onde é imposible disimular calquera debilidade. O terreo sacaba ata o último gramo de forza dos participantes e así destacaron os mellores de cada quenda ó pouco de empezar, que foron Lorena Patiño entre as mulleres e o local Miguel Rodríguez entre os homes. Dous ciclistas con dobre título de España en categorías inferiores no seu palmarés e que, se toman a saída na Copa Galicia, amosan o seu poderío, como sucedeu onte na Freixa.
Especialmente notable resultou a exhibición entre os homes porque Rodríguez viña de pasar algún apuro en Nigrán o sábado. Alí tivo que agardar ata pasada a metada da proba para marchar en solitario, pero onte asinou unha exhibición. Na primeira volta, pasou o treito de bosque na cuarta praza, pero na segunda xa tiña a todos os competidores detrás e o vigués Samuel González estaba cedendo metros. De feito, chegou ó cumio da terceira costa da zona do bosque abafado, coa respiración ó máximo. A carreira tiña dono e, por detrás, o dúo formado polos ‘coruxistas’ Anxo Carril e Ricardo Buba facían traballo de equipo. O sub-23 Buba tirou máis, pero sería Carril o máis forte na última volta. En todo caso, lonxe dos dous primeiros nun día con amplas diferenzas, as maiores do que vai de tempada.
En mulleres, a marinense Lorena Patiño rachou con celeridade unha proba que subiu o nivel en relación a días precedentes ó acudir ela mesma, Irene Trabazo ou a tamén ponteareá Uxía Soto. Asinaron a primeira, segunda e cuarta praza. Entre elas, a sub-23 Sarela Conde (Maceda), líder da Copa Galicia.
Antes dos maiores, vivíronse as probas de categorías inferiores, con papel destacado do Lynalfa Ponteareas, que gañou a clasificación por clubs. O palmarés completárono Marcos Rodríguez (Maceda) e Xiana Santos (Maceda), en xuvenís; Guillermo García (Avanza O Porriño) e Vega Aldrey (Cambre), en cadetes; e Jorge Martín (Avanza O Porriño) e Uxía Giráldez (Avanza O Poriño), en infantís.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
Voleibol | Superliga 2
El Club Vigo gana en casa sin Joel Ortega
Balonmano | División de Honor
El Porriño enlaza cuatro derrotas tras caer con claridad ante el Elda
Balonmano | División de Honor
El Guardés se crece para ganar al Bera Bera
Lo último
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un hogar temporal para mujeres y madres: “Fue mi salvación”
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un espacio cedido por la iglesia, convertido en lugar seguro para menores
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
La Diócesis Tui-Vigo aumenta sus viviendas en alquiler al reformar casas rectorales