remo/bateles
Tirán y Chapela obtienen las banderas en Meira
Piragüismo
"Polo río abaixo vai unha troita de pé", recolle a cantiga popular, que onte viviu a particular versión no Miño de “polo río abaixo van uns padexeiros… como poden”. Porque a versión Popular do Descenso do Miño é unha verdadeira festividade que combina algo de deporte con bastante ou moita diversión. En total, preto de un milleiro de participantes cubriron os sete quilómetros que separan a ribeira de Caldelas do centro de Tui a un ritmo completamente de afeccionados e coa axuda da corrente fluvial. Porque, se non é por ela, igual algunha das embarcacións non chegada.
De feito, a particular ‘felicidade popular’ desta xornada lúdico-deportiva vai Miño abaixo pola corrente e, probablemente, sen troitas e outros peixes que onte afastaríanse do balbordo creado no río, que comenzou ó mediodía coa festa previa en Caldelas. Neveiras portátiles, auga, polbo ou licores formaban parte das mesas para comezar a xornada co estómago cheo e algo de música coa charanga.
Pouco despois, os participantes tomaron os chalecos e as piraguas de alugueiro (as de competición son para dentro de dez días) para subirse e, pouco a pouco, tomar dirección ó centro de Tui onde, tras desembarcar, tocaba festividade con djs.
A peregrinación, vixiada pola organización do Kayak Tudense, tivo embarcacións dobres con tres persoas, algunha piragua ‘pirata’ e outras coa bandeira de Galicia, aínda que sen ánimo de conquistar Portugal e, incluso, algún padexeiro de pádel surf con tutú e perruca. Máis ou menos, foron navegando con pouca coordinación para Tui. O ritmo, como esixe un descenso popular, debe ser amodiño, para gozar do día solleiro. E así sucedeu. Ademais, para o exceso da calor a solución estaba preto e pasaba por un remollo no Miño. Deporte e festividade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
remo/bateles
Tirán y Chapela obtienen las banderas en Meira
fútbol/3ª federación
Duelo directo por el ‘playoff’ para el Gran Peña en A Illa
fútbol/3ª federación
El Alondras visita al Boiro tras la grave lesión de Yelco
balonmano
Una victoria solvente del Porriño
Lo último
baloncesto/liga challenge
Regreso con viaje largo
Trail
Los 300 desafiantes
fútbol sala/2ª división
El Bembrive salva al final un duelo que tenía ganado