Traineras
A la doma de las olas
Traiñeiras
Dúas embarcacións con rivalidade histórica, pero desas que están enfrontadas na rúa, na panadería, na peixería ou nos barcos bateeiros. Tirán e Samertolameu de Meira acumulan décadas de loitas deportivas e, dende hai uns anos, crearon o Desafío para trasladar esta liorta a unha regata anual en territorio neutral, no mar que hai entre as dúas parroquias e que está no centro da vila, para que todo o mundo poida seguir a proba. Os gañadores poderán gabarse todo o ano ante os que perderon e, como sucedeu nos últimos tempos, a vitoria foi para Tirán. Aínda que o máis relevante é facer a competición. Realmente, no fondo, gañan as dúas traiñeiras, os dous clubs e ata a vila.
Na parcela deportiva, a sesión comezou cun sprint para elixir rúa, que conquistou Samertolameu. A continuación, chegou a regata feminina e impúxose a lóxica porque a vitoria foi para o barco de Tirán, con anos de experiencia, ante unha traiñeira de Samertolameu chea de remeiras de canteira e creada para a cita. 11:45 fronte a 12:54.
O seguinte paso, tras recuperar algo de folgos, “A Terca” verde e a “Mar do Con” azul comezaron a súa loita que durou algo máis dun rego. Na primeira ceavoga, pasaron os dous barcos no mesmo tempo, pero á metade da regata, a distancia xa estaba en oito segundos. As esperanzas de Samertolameu eran poucas e a tendencia, como é habitual, mantívose ata o final. O barco de Tirán asinou 20:57 e o seu rival marchou ata os 21:18. Unha diferenza ampla, pero que ten significado positivo para a tripulación de Meira porque a gañadora aspira a loitar polo título da Liga Galega e Samertolameu leva anos sen estar nese nivel. Os resultados tamén son cuestión de perspectiva.
Antes e despois da loita no mar, o paseo marítimo de Moaña acolleu competicións de categorías inferiores de remoergómetros e por alí tamén había algún que outro posto de comida, que a afección ten que estar atendida para gozar da xornada de rivalidade íntima.
O podio coa fotografía conxunta serviu para rematar a xornada deportiva moañesa e este fin de semana os dous barcos xa terán a competición oficial coa disputa do Campionato Galego de Traiñeiras. O primeiro grande evento da tempada e que chega cos billetes para o certame estatal en xogo. Será no porto ribeirense de Aguiño e nun campo de regatas de mar aberto. Todo un exame coa totalidade do remo galego en liza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar