A Deputación quere meter o campo de béisbol do Trasnos no convenio co Concello
"Non é de recibo que nin sequera poida xogar os seus partidos como local en Vigo”, apuntou Luisa Sánchez
A Deputación de Pontevedra, a través da súa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiu o pasado xoves ó equipo finalista do Campionato de España sub-15 do Trasnos vigués de béisbol. No encontro, a deputada asegurou que ofrecerá ó Concello de Vigo o financiamento necesario, con cargo ao convenio anual que ambas administracións asinan cada ano por valor de 5 millóns de euros, para dotar dun campo desta modalidade deportiva á cidade no que os equipos da entidade viguesa poidan disputar os seus encontros como local.
“Dános igual o emprazamento, deixamos que o Concello elixa o lugar que máis lle conveña. A Deputación está disposta a poñer os fondos precisos con cargo ao convenio de 2026, para construír ese campo onde sexa. Pola nosa banda, existe plena disposición. Se o goberno local acepta o ofrecemento e solicita o financiamento, sufragaremos esa obra. É o meu compromiso”, aseverou a vicepresidenta provincial.
"Non é de recibo"
"Non é de recibo que o Trasnos, que é un equipo punteiro en España y goza dunha grande canteira, nin sequera poida xogar os seus partidos como local en Vigo e teña que desprazarse a outros lugares como A Coruña. Oxalá poida haber colaboración institucional para solucionar este problema”, rematou Luisa Sánchez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
tenis en silla
De la Puente seguirá junto a Róber Rodríguez
Fútbol | segunda federación
El Coruxo obtiene la cesión de Pelayo García hasta fin de curso