A Deputación convoca a deportistas de elite para falar do peso das lesións

Contará coa participación de Andrea Fuentes, Javier Gómez Noya e Antía García

Javier Gómez Noya hablará de sus experiencias en el máximo nivel.
Javier Gómez Noya hablará de sus experiencias en el máximo nivel.

A Deputación de Pontevedra a Universidade de Vigo promoven unha mesa de debate para afondar en como afrontan as lesións as e os deportistas de elite. A sesión terá lugar o venres 26 de setembro ás 19:30 horas na sede da Vicerreitoría do campus de Pontevedra, na Casa das Campás, e ten xa aberta a inscrición gratuíta. Durante a conversa, a directora de Deportes da Deputación, Xisela Aranda, dará a coñecer a súa experiencia como sete veces campioa de España de squash, futbolista profesional e integrante do consello de administración do Celta.

A xornada, co título “O deporte e as lesións, diferentes perspectivas” e moderada pola xornalista e adestradora Sara Tabares, contará, ademais de con Xisela Aranda, coa participación da catro veces medallista olímpica e actual seleccionadora española de natación artística, Andrea Fuentes; o tamén medallista olímpico e cinco veces campión do mundo de triatlón Javier Gómez Noya; e a campioa do mundo de salvamento Antía García.

No encontro reuniranse as visións de deportistas de elite sobre o que o supuxeron as lesións nas súas traxectorias, afondando tanto en como inflúen na vida dun deportista como no xeito de afrontalas e de previlas. Coordinada polo fisioterapeuta e fundador de ClínicasON, Hugo Ogando, esta mesa porá o foco na influencia dos acontecementos traumáticos na carreira deportiva ou na saúde mental, as experiencias vividas ou o apoio que outros profesionais poden prestar.

Contenido patrocinado

stats