Dapena lidera ó Sieiro no Mundial de Tokio
ximnasia cto. mundo
nnn A expedición do Club de Ximnasia Sieiro regresou onte a Vigo tras a participación no Campionato do Mundo de ximnasia acrobática disputado na cidade de Tokio ata o pasado domingo e no que destacou Aintzane Dapena.
A representante do club vigués finalizou na undécima posición no dobre minitramp dentro da categoría de 17 a 21 anos. Nesta mesma división, rematou décimo sétima en tumbling con marca persoal.
Pola súa banda, Lucía Pereira rematou na duodécima praza para categoría de 13 e 14 anos en dobre minitramp. Nesta mesma franxa de idade, Anxo Suárez rematou vixésimo en dobre minitramp e vixésimo sexto en tumbling. Mentres que Ester Pacheco rematou na vixésimo novena praza en tumbling.
Por último, Anais Flores, rematou décimo cuarta en tumbling dentro da categoría de idade 11 e 12 anos. Foi a súa primeira experiencia nun Campionato do mundo de ximnasia acrobática.
O grupo estivo acompañado polos adestradores Sara Penedo e Iván Estévez. Penedo recoñeceu que o dúo técnico está "moi contento e orgulloso dos resultados. Todos afrontaron a competición con moi boa actitude, aumentaron a dificultade dos exercicios e superaron marcas persoais. Despois deste peche de tempada a idea é seguir crecendo, aprender, mellorar e coller forzas para o novo curso".
A presencia viguesa na cita mundialista completouse coa participación de Silvia Cabaleiro, que exerceu de xuiza. Unha ampla representación olívica.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
tenis en silla
De la Puente seguirá junto a Róber Rodríguez
Fútbol | segunda federación
El Coruxo obtiene la cesión de Pelayo García hasta fin de curso
Lo último