O Cultural Areas visita ó Barbadás co reto de gañar lonxe de A Lomba
O Cultural Areas, por primeira vez dende o inicio da tempada, está fóra da zona de descenso e este serán, ante o Barbadás (12:00), quere sumar a segunda vitoria do curso lonxe do seu campo de A Lomba.
Ata agora, o equipo de Ponteareas asina uns rexistros horribles como visitante. Só logrou catro puntos a domicilio no que vai de curso e o seu adestrador, Fonsi Valverde, indicou que 'o Barbadás é un equipo experimentado, con moitos xogadores que pasaron polo Ourense e que ten oficio. É defensivo, pero trataremos de sumar os tres puntos'.
Para este enfrontamento, o Areas conta coas baixas de Sito e Pichi. Ó longo da semana coñeceuse a saída do equipo de Alberto Rey e Isma, mentres que Víctor Besada, a última incorporación, non entrou na convocatoria. O Areas ten un punto de marxe sobre a zona de descenso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
tenis en silla
De la Puente seguirá junto a Róber Rodríguez
Fútbol | segunda federación
El Coruxo obtiene la cesión de Pelayo García hasta fin de curso
Lo último
Día Mundial contra el Cáncer
Gráfico | Día Mundial contra el Cáncer: tipos y evolución de casos
Aeropuerto de Vigo
Peinador recupera el vuelo a Mallorca hasta marzo