Cos pés no Chans
Atletismo
O centro escolar de Bembrive gozou con seu cross escolar
Mañá quente inda sen sol. Roupa e zapatillas listas. Liña de saída á vista e as beiras do percorrido cheas de xente. E, por riba de todo, moitísimas gañas de correr. Así se presentou a situación onte pola mañá no cross escolar do Centro de Educación Infantil e Primaria Chans, un clásico da tamén clásica parroquia de Bembrive, que xa viña de organizar a anterior parada do circuito municipal, inda que neste caso no colexio Mosteiro.
Deste xeito, a mañá dominical congregou a uns 300 deportistas entre os pequenos e pequenas nados entre 2012 e 2021 e os pais e as nais que tamén se decidiron a tomar parte na carreira, que trancurriu polo entorno do centro escolar de Bembrive.
O evento arrincou ás 10:20 coa proba infantil feminina. As maiores completaron dúas voltas a un circuito de 1.500 metros, igual que os seus compañeiros da mesma idade que entraron en acción xusto despois. A partires de aí, as carreiras foron sucedéndose en cascada descendente ata rematar cos pitufos de 3 anos, que correron pola explanada de 100 metros coas habituais caídas e confusións, sempre simpáticas.
O circuito municipal de cross escolar remata o vindeiro 1 de xuño. Será en Castrelos, cunha proba conxunta para todos os centros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
esgrima en silla
Judith Rodríguez vive dos grandes combates en Hungría
Tenis
Instalado en semifinales
traineras
Felicidad de estreno
Lo último