Ciclismo
Un estreno desde casa para el Picusa
Balonmán | European Cup
Cando Abel Estévez, actual presidente do Porriño, dentro de uns vinte ou trinta anos acompañe ós seus netos a algún partido do club, poderá contarlle que unha vez estivo o pavillón cheo, que tiveron que poñer cadeiras na zona alta e baixa para acoller a todos os seguidores que acudiron á primeira final europea na historia do club. Ninguén pode saber se haberá outras, pero é seguro que a pioneira, e por iso sempre especial, sucedeu onte.
Resultou un día especial, moi especial, porque había seguidores estranxeiros no recuncho para a afección visitante, que soamente se enche no derbi contra o Guardés, e onte. Claro está, o que sucedeu foi que ata estaban a xogo co público local porque tamén é vermello o color principal do Valur e o municipal estaba máis tinguido que nunca.
Pisar o recinto deportivo a falta duns vinte minutos para comezar o encontro xa era entrar nun espazo especial, no meirande ambiente vivido nunca e así se amosou a presentación. Entraba o sorriso en cada xogadora local cando escoitaban o seu nome e saudaban á bancada. Chea no lateral principal, chea no oposto e ata a bandeira nos fondos, case sempre baleiros. Especial, moi especial.
E durante o partido, o Municipal tamén xogou e case atopa o éxtase nesa remonta de cinco goles. As xogadoras berraban e case nin se escoitaban polos cánticos, os bombos ou a megafonía.
Todo iso poderá contar un bo día Abel Estévez ó seu neto, tamén poderá comentarlle que a banda de música de Paramos meteu a corenta músicos para amenizar a xornada e o descanso ó ritmo de “Life is life”. E, igual non lle conta, pero tamén sucedeu que o cheo foi tan grande que ata quedou sen asentos baleiros o palco de autoridades.
E, como peche, nun día para a historia, a instantánea para o recordo coas xogadoras entre ducias de deportistas da canteira do club. En cada eliminatoria hai máis cativos entre as profesionais. Igual algún deses pequenos poder xogar nuns anos outra final europea. Ogallá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ciclismo
Un estreno desde casa para el Picusa
balonmano
La Copa del reencuentro
Baloncesto
El Celta más ganador de la historia
Fútbol | Tercera Federación
El filial de As Celtas derrota al Tomiño y conquista la Liga