Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
Galego de ciclocróss
O castelo de Maceda domina o val do mesmo nome, ó pé da serra de San Mamede, nunha loma do concello ourensán. Lugar de loitas medievais con protagonismo para irmandiños e familias de ‘sangue azul’, pero na modernidade o auténtico conde e rei do ciclocróss galego e o ponteareán Miguel Rodríguez que acadou o cetro galego no histórico circuito do castelo de Maceda. Gañou con solvencia, ó igual que a marinense Lorena Patiño en mulleres. Mandou, pese a estar na idade sub-23.
En homes, ata catro ciclistas comezaron con forza a primeira volta con Iván Feijóo tirando arreo. Pero o de Allariz -centrado na faceta profesional-, xa non é o de anos anteriores. Seguían a súa roda os vigueses Samuel González e Anxo Carril, ata que na segunda volta Miguel Rodríguez tomou a cabeza da proba, puxo o seu ritmo e quedou en solitario na primeira praza con relativa facilidade, pese a que a proba disputouse nun día solleiro e sen o lameiro que gusta do corredor ponteareán do Supermercados Froiz.
Por detrás, reaccionou o salcedense Néstor Frías para rematar na segunda praza e como campión galego sub-23. Pola súa banda, o vigués Samuel González rematou terceiro e segundo da categoría elite. Un mal día tivo o gondomareño Ricardo Buba que, tras unha gran Copa Galicia, quedou fóra do podio sub-23.
Na categoría feminina, a marinense Lorena Patiño amosou unha clara superioridade, mentres que as porriñesas Laura Mira (sub-23) e Chus Barros (elite) apañaron o bronce nas súas carreiras.
Xa nas categorías inferiores, os ciclistas do área de Vigo acadaron o título por medio de Uxía Giráldez (Avanza O Porriño) en infantís e remataron no podio José Manuel Pintos (prata, Ponteareas), en xuvenil; Aarón Rodríguez e Mateo Hermida (prata e bronce, Ponteareas), en cadetes; e Jorge Martín Carrera e Vera Rodríguez (bronce, Avanza e Louriña), en infantís.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Baloncesto | Tercera FEB
El Novobasket cedió ante el Xiria en el último cuarto
Voleibol | Superliga 2
El Club Vigo gana en casa sin Joel Ortega
Balonmano | División de Honor
El Porriño enlaza cuatro derrotas tras caer con claridad ante el Elda
Balonmano | División de Honor
El Guardés se crece para ganar al Bera Bera
Lo último
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un hogar temporal para mujeres y madres: “Fue mi salvación”
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un espacio cedido por la iglesia, convertido en lugar seguro para menores
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
La Diócesis Tui-Vigo aumenta sus viviendas en alquiler al reformar casas rectorales