Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Disque non hai coma estar na casa. Miguel Rodríguez sábeo ben. Pasou o Nadal en Bélxica para competir en diversas probas, entre elas algunha Copa do Mundo, contra os mellores e coller lume nas pernas. Por iso, onte acadou o maillot de campión de Galicia sen precisar do seu 100%. Logrouno diante de amigos e familiares na súa Ponteareas natal, no Trofeo que leva o nome doutro ponteareán, Borja Gómez, que tamén competiu. Un triunfo de sabor especial que o pon no disparadoiro para o Campionato de España sub-23 da semana que vén. Entre as mulleres, a raíña ía ser porriñesa si ou si. Porque Laura Mira e Aroa Otero ficaron soas diante e desa case eterna marcaxe saiu vencedora a ciclista do Farto nun espectacular sprint final. Todo nunha mañá fresca na que competiron 258 ciclistas de tódalas idades.
A feminina foi a carreira máis fermosa no circuito da Freixa, co campo de Pardellas como epicentro da proba. O derbi da Louriña quedou servido moi cedo. Ámbalas dúas marcharon por diante deixando para o resto a batalla polo terceiro chanzo do podio. Unha vez acadaron a suficiente distancia, o ciclocross converteuse en xadrez. Foi unha marcaxe permanente, con ataques e contraataques, demarraxes e defensas, preguntas e respostas. Foi imposible que unha se despegase da outra nunha última volta moi táctica. Chegado o momento, as corredoras do Porriño optaron por reservar forzas. Todo íase resolver ó sprint. E aí, Mira acadou unha tubular de vantaxe e levantou os brazos con carraxe mentres Otero sentaba na sela e baixaba a cabeza. Na loita traseira, a viguesa Carla Fernández foi a máis forte por diante de Sarela Conde e da ponteareana Uxía Soto.
O seu paisano Miguel Rodríguez ofreceu, xusto despois, unha exhibición. Alí, contra o río Tea, na casa, o ciclista do Súper Froiz sacou a relucir o privilexiado estado de forma que trae da xira belga. Atacou na primeira volta e a seguinte vez que o viron foi na meta. O poderoso ritmo do ciclista do Condado era imposible para os demais, que se concentraron en marcarse para pelexar pola prata. Rodríguez permitiuse o luxo de levantar o pé na última volta e gozar da compaña de amigos e familiares na Freixa no seu camiño cara o maillot branco e celeste.
Por detrás, a loita era entre un miñorano e un vigués. Anxo Carril foi o máis forte no sprint e completou o doblete do Froiz con dous sub-23. Samu González tivo que conformarse coa terceira posición no campo de Pardellas. En todo caso, igual que nas mulleres, outra tripla da área de Vigo.
No resto das categorías, coma na lotería, os premios estiveron repartidos. Raúl Puelles, dos Caimáns de Betanzos, gañou a proba júnior con suficiencia. Inda máis amosou a campiona de España nese grupo de idade, Lorena Patiño. A marinense non tivo rival.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último