Chus Barros e Carla Fernández, a loita na categoría feminina

campionato de galicia de ciclocross

O Galego comezará ás 9:30 e rematará sobre as 14: 00 horas

j.c.vigo

Publicado: 27 dic 2019 - 01:23

Plano do trazado do percorrido confeccionado no velódromo do Porriño polo Avanza.
Plano do trazado do percorrido confeccionado no velódromo do Porriño polo Avanza.

O Campionato Galego de ciclocross gozará este domingo dunha notable participación, especialmente nas categorías inferiores, con ciclistas que loitaron pola vitoria nas probas da Copa de España. Ademais, en sénior feminina terá como gran duelo a loita da local elite Chus Barros (Spol) coa viguesa sub-23 Carla Fernández (Meruelo). As dúas corredoras mantiveron unha loita pechada na Copa Galicia e vivirá un novo capítulo.

Dentro da categoría sub-23, optou por anotarse na competición o ourensán Carlos Canal, actual campión de España júnior, e tamén o vigués do Supermercados Froiz Adrián Barros, que esta tempada participou en dúas carreiras en Galicia con vitoria en ambas.

Xa nos júnior, estará no Porriño o vixente gañador da Copa de España, un Miguel Rodríguez que terá en Jorge Fernández o seu principal rival. Visten o maillot do Club Ciclista Ponteareas.

A división cadete masculina é unha proba de extraordinario nivel con dous ciclistas que finalizaron nas posicións cabeceiras da Copa de España e que en Galicia mantiveron unha fermosa loita todo o inverno: Ricardo Buba (Coruxo) e Iván Fernández (Avanza). Aínda que o club porriñés presenta un equipo potente con André Martínez, Hugo Martínez e André Valverde na segunda liña.

Entre as cativas do certame, a ciclista do Redondela Laura Mira é a principal candidata ó título nunha xornada de ciclocross que comezará as 9:30 horas coa proba de promoción. Ás 10:00 sairán ó trazado tres categorías máster de homes e as mulleres. Unha hora máis tarde, ós Máster 40 e, a partir das 12:00, chegarán as probas estrela. Primeiro, os cadetes; e despois, júniors, sub-23 e elites (13:00 horas).

Contenido patrocinado

stats