O Choco quere voltar ó camiño da vitoria

O equipo de Jacobo Montes perde a Diego, Alberto, Robi e Saúl para recibir ó Dorneda (17:00)

Tras seis xornadas sen lograr a vitoria e dous empates con boas sensacións nos últimos encontros, o Choco chega ó enfrontamento desta tarde ante o Dorneda coa intención de sumar tres puntos e meterse de novo na loita por alcanzar os postos de promoción de ascenso.

redacción. VIGO deportesad@atlantico.net

Publicado: 09 feb 2014 - 10:01 Actualizado: 14 feb 2014 - 21:36

Caloi encara a un xogador rival nun encontro desta tempada.
Caloi encara a un xogador rival nun encontro desta tempada.

Para logralo, Jacobo Montes ten as ausencias de Diego e Albert, polo que recupera a Gonza para o lateral esquerdo. Deste xeito, disporá dun xogador específico para esta demarcación, algo do que careceu no encontro da semana pasada que finalizou en igualada ante o Somozas.

Pola súa banda, o Dorneda chega ó encontro en zona de descenso, pero a un punto dos postos de permanencia. O equipo coruñés está en plena loita por evitar, unha tempada máis, cair a Preferente. Para este partido ten as baixas de Geri e Gabi.

O Dorneda logrou a semana pasada rachar unha xeira de cinco derrotas ó doblegar a un equipo da zona alta como o Cerceda (2-0).n

Contenido patrocinado

stats