baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
fútbol
O Choco está en plena xeira de bos resultados e esta tarde recibe en Santa Mariña a un Laracha que marcha na zona baixa da táboa, pero con marxe sobre a zona de descenso. Unha boa nova para un equipo que ten a permanencia como obxectivo.
Marcos Montes, preparador do equipo de Redondela, mantén esta semana o equipo dos últimos partidos. Polo tanto, Ronald, Alberto Castiñeira, Iago Paz e Antón Vilas non entraron na convocatoria por diferentes motivos. Si está Pablo Couñago, que con varios problemas físicos tivo poucos minutos no inicio de tempada e todo apunta a que comezará no banco.
O Choco, tras sumar seis vitorias nos últimos sete partidos, xa está a dous puntos da promoción de ascenso.
Alondras-Somozas (16:30)
Pola súa banda, o Alondras xoga esta tarde (16:30) no campo do Morrazo ante o Somozas, cuarto clasificado con tres puntos máis que a formación canguesa, que é décima. Polo tanto, o enfrontamento é unha oportunidade para o equipo de Antonio Fernández para meterse na zona alta da categoría nunha tempada con moita igualdade na loita pola cuarta posición. Viñas, Michael e Luismi son as ausencias do equipo de Cangas.
Noia-Cultural Areas (17:00)
O Cultural Areas ten esta tarde un encontro marcado no calendario e que pode supoñer o inicio da reacción o rematar de afundirse. Visita ó Noia (17:00) nun partido entre dous equipos en posicións de descenso. A formación de Ponteareas, a cinco puntos da permanencia, supera en dous ó seu rival.
Polo tanto, o enfrontamento parece chave para comezar unha reacción porque o Areas acumula sete partidos sen gañar con seis derrotas.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
Balonmano
El Porriño se sabe defender
Balonmano
El Cangas gana y sale del descenso
Lo último