Cheiro a tiranía de Meira

traiñeiras

Samertolaméu conquistou a vitoria na Liga Galega A e na proba feminina na regata de presentación en Cangas

jorge castro. vigo
Publicado: 29 jun 2014 - 03:05 Actualizado: 30 jun 2014 - 02:51
A tripulación de Coruxo realiza unha ciaboga na regata de onte.

A primeira regata do ano na Liga Galega deixou varias cuestións claras, que se poderían aventurar antes da proba e tamén, algunha que outra sorpresa. A primeira realidade é que a tripulación moañesa de Samertolaméu de Meira presentase como a clara dominadora na primeira categoría do remo galego. A súa vantaxe sobre o terceiro clasificado foise ata os vinte segundos. Esta posición a asinou o bote de Mugardos, que se confirma como unha das traiñeiras máis fortes do curso tras continuar no seu crecementos dos últimos anos. Vilaxoán, a tres segundos dos da comarca de Ferrol, tamén sitúase como unha tripulación de enorme potencial.

Ata aquí, todo o previsto na cabeceira da Liga Galega A porque, entre todo este guión, Amegrove constituíu a enorme sorpresa da xornada. Tras un 2013 moi por debaixo do esperado, o bote grovense pelexou dende a primeira pada a proba con Samertolaméu e cruzou a liña de chegada a escasos tres segundos do bote moañés. Lonxe de recortar no último longo unha posible vantaxe dos de Meira, a diferenza entre os dous equipos, nunca superou os dous segundo nos parciais. Polo tanto, parece que os amarelos preséntanse como a gran alternativa á tripulación de Moaña.

Por detrás, a Liga Galega ráchase e aparece unha fenda. Ares, Puebla, A Cabana e Chapela, onte por este orde, están chamada a pelexar por evitar o posto de descenso directo e o de promoción. Onte estiveron separados por dez segundos na chegada e alternáronse as posicións ó longo da proba. Moita emoción para non baixar. Menos que na disputa do título.

Na Liga Galega B, Mecos logrou a primeira vitoria do ano cunha marxe de catro segundos sobre Bueu e nove sobre Perillo. Un pouco máis lonxe, rematou Coruxo, a dezasete segundos para pechar o cuarteto cabeceiro chamado a loitar polas vitorias e o ascenso.

Tras os vigueses aparece unha enorme fenda.

Por último, a categoría feminina viviu unha vitoria de Samertolaméu cunha renda de nove segundos sobre a tripulación de Cabo da Cruz, que tentou loitar pola proba, pero volveu a quedarse lonxe de facelo.

Pola súa banda, Tirán Pereira, cunha tripulación en construción, quedou moi descolgada.n

Contenido patrocinado

stats