Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
fútbol
O Celta xuvenil visita esta mediodía a Cidade Deportiva de Abegondo para medirse ó Deportivo (12:00, Gol) no tradicional partido de rivalidade na División de Honra xuvenil entre dous equipos que, habitualmente, loitan polas primeiras posicións da táboa.
Ó partido de hoxe chega a formación viguesa con vantaxe porque suma catro puntos máis que o seu rival. Ademais, a vitoria serviría á formación de Jorge Cuesta para facerse co liderado tras o sorprendente empate de onte do Sporting de Gijón ante o pechacancelas da táboa, o Vilalbés (1-1).
Non obstante, o Celta chega ó partido cun importante número de baixas. Sanmartín, Óscar e Mario están mancados e Franco, dianteiro centro, non pode xogar por sanción. Ademais, o porteiro Fran foi convocado co Celta B e non xogará na Coruña.
Alondras-Areosa (11:30)
O Alondras recibe ó Areosa no campo do Morrazo nun partido chave na loita por eludir as posicións de descenso. O conxunto vigués está en posicións de permanencia cun punto máis que o cangués, xa en zona de descenso. Rivais directos.
Val Miñor-Llano (12:15)
Pola súa banda, o Val Miñor dirixido por Álex Villar recibe no campo de Condomínguez a un Llano 2.000 que está inmerso na loita pola permanencia e, de feito, está igualado a once puntos co Alondras, que ocupa praza de descenso. Pola súa banda, a formación de Nigrán marcha nunha posición máis, cómoda, a novena, pero cun marxe de catro puntos sobre o seu rival. Polo tanto, a vitoria é precisa para evitar meterse na zona baixa. O Val Miñor non está no seu mellor momento e, de feito, suma unha única vitoria nos últimos cinco partidos disputados. Unha situación que tentarán mudar os futbolistas este mediodía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada