O celeste faise visible no poliédrico colorido atlético
Atletismo
A CorrexSalceda reuniu onte a máis de 700 atletas, con vitoria de Hugo Suárez e Uxía Pérez
Deporte en familia, para nenos e maiores. Sempre animando os adultos, algo máis dispersos os cativos cando son seareiros ó outro lado do valado. Así é a historia da CorrexSalceda, unha desas carreiras populares que xa estan feitas toda unha celebración familiar. Onte tivo a máis de 700 corredores polas rúas e sendas do municipio do río Caselas.
Entre os maiores, a vitoria na proba principal de 10 quilómetros foi para os célticos Hugo Suárez (35:30) e Uxía Pérez (38:54). En 5.000 metros, acadaron a primeira posición Luis Piña (16:53) e Marta Pereira-Borrajo (21:15). Nos cativos, os gañadores foron Breixo Pereiro (1:25) e Gabriela López (1:28) na categoría C (nados entre 2016-2018); Hugo Vila (4:07) e Sabela Gándara (4:14), na categoría B (2013-15); e Adrián Estévez (9:05) e Ariadna Martínez (11:14), na categoría A (2010-12). As carreiras de biberón careceron de clasificacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
esgrima en silla
Judith Rodríguez vive dos grandes combates en Hungría
Tenis
Instalado en semifinales
traineras
Felicidad de estreno
Lo último