O Carpa celebra a festa de Nadal no pavillón do Carme
El Club vigués Carpa-Viqueira celebrou onte a festa de patinaxe de Nadal no pavillón do Carme nunha sesión deportiva e festiva, que tivo como testemuña ó alcalde de Vigo, Abel Caballero. As bancadas presentaban un magnífico aspecto con aforo case cheo. Na sesión participaron ó redor de 100 patinadores e puideron verse exhibicións individuais, de parellas e de grupos. Especialmente aplaudido foi o exercicio do grupo show pequeno do Carpa-Viqueira, unha das xoias da entidade viguesa. Esta actividade foi un dos festivais de Nadal que ofreceu un dos clubes que participa nas escolas deportivas municipais. Toda a familia do Carpa gozou dunha xornada de deporte e amizade cos compañeiros do mundo do patín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
tenis en silla
De la Puente seguirá junto a Róber Rodríguez
Fútbol | segunda federación
El Coruxo obtiene la cesión de Pelayo García hasta fin de curso
Lo último