Ciclismo
Un estreno desde casa para el Picusa
Balonmán
A xogadora viguesa admite que pensaba en deixar o balonmán porque "cheguei a un punto que non podía durmir pola dor de costas"
+Como está?
Para min, a tempada pasada foi moi importante a nivel deportivo e persoal. Creo que medrei moito en todos os aspectos. Foi difícil. Pero toda aprendizaxe é intensa e complicada. Estou moi agradecida e, tras toda esa intensidade, falamos ó rematar e chegamos a un acordo para non continuar no Elche. Unha vez nese punto e cando xa estaba de volta, apareceu o Porriño. Eu non contaba con esta opción, pero gustoume a proposta e din o paso.
Todo chega polos problemas nas costas que padece?
Non sabería dicilo. Non sei se é a causa principal, é un paso que chega por un proceso persoal de pensar moito as cousas e a miña primeira opción era deixar o balonmán. Pero conseguiron ilusionarme e estou de volta no equipo. A primeira idea era tirar pola actividade profesional de regresar ó meu ámbito.
Vai facelo no Porriño?
Si, ofreceume a opción de retomar as labores de readaptación de lesións que hai non club. É algo que me fai ilusión e que vai coa miña actividade académica. Xa era a traxectoria que iniciamos e parei cando fichei polo Elche.
Como está a súa lesión?
Vai mellorando. As doenzas son complicadas. Dende a parte profesional as coñezo e, neste caso, a nivel persoal é moi frustrante. Non é o idóneo, pero pasa. Agora estamos en camiño de solucionalo e na liña correcta. Tardamos en detectar o problema e si que atopamos con probas de imaxe a causa. Saían varias cousas nesas e tocou parar. Son procesos que tocan e teño que levalo o mellor posible.
Chegou a ter que parar totalmente?
Tiven momentos duros, de non poder durmir pola dor de costas. Non toleraba estar tumbada e tamén pasei tempo sen poder poñer un calcetín ou poder atar os zapatos. O corpo non me permitía certos movementos e non é algo agradable.
De que xeito foi a volta ó Porriño?
Ata a semana pasada non falamos. No equipo, coñécenme ben, déronme o meu tempo e formuláronme un proxecto ilusionando e tamén tocar as cousas que me fan ilusión. Lebráronme que o balonmán sempre formou parte importante da vida. Despois, volver a casa é fundamental. Son galega, amo a miña terra e non hai outro sitio na terra igual. A familia sempre tira. Cheguei a vivir anos fóra e non é algo que me desguste, pero estar preto da familia axuda moito. Non descarto volver a saír a nivel persoal ou profesional, pero agora quero estar aquí.
Como é este novo equipo con tantas novidades?
É un proxecto novo e diferente, con moita mocidade. As que levamos tempo xogando agradecemos moito esta enerxía que aportan. O corpo técnico detectou moi ben as necesidades do grupo e todas as fichaxes darán moito.
Cando unha xogadora se da conta de que é veterana?
Nesta División de Honra creo que a partir dos 23-24 anos xa es unha xogadora veterana. Eu estou nos 26 e xa me toca. Se observas os equipos e a idade media, xa te dás conta. A nosa liga, por sorte ou por desgraza, é a característica do noso balonmán. Pouco a pouco, melloran as condicións e oxalá os clubs puideran fichar a estrelas mundiais. Non sucede e coa xuventude temos unha liga moi competitiva e con moita intensidade debido a estas idades baixas.
Ten un prazo para volver a xogar?
Non o sei. Quero estar ó máximo o máis rápido posible, pero no sei cando poderá ser. A pretempada é unha etapa para esta mellora física e para adquirir sensacións de grupo e de traballar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ciclismo
Un estreno desde casa para el Picusa
balonmano
La Copa del reencuentro
Baloncesto
El Celta más ganador de la historia
Fútbol | Tercera Federación
El filial de As Celtas derrota al Tomiño y conquista la Liga