Carla Fernández: "Tiña a idea de saír forte e abrir renda"

campionato de galicia de ciclocross

A viguesa aspira ó top 5 no Campionato de España en Pontevedra

j.c.vigo
Publicado: 30 dic 2019 - 02:13
Carla Fernández e Miguel Rodríguez obtiveron unha vitoria clara nas correspondentes categorías.
Carla Fernández e Miguel Rodríguez obtiveron unha vitoria clara nas correspondentes categorías.

A viguesa Carla Fernández, do Río Mera Meruelo, obtivo a vitoria na proba feminina e, ó rematar, explicou que "a idea que tiña era facer unha saída rápida e abrir espazo cada volta. Nos treitos rectos apretaba forte para gañar renda e así ata á chegada. A cuestión é coller ben as curvas e non perder moito tempo nelas. Sempre intento saír ben e levar un ritmo bastante constante".

Tras unha vitoria clara, o seguinte obxetivo estará no Campionato de España do 12 de xaneiro en Pontevedra. "Aínda son sub-23 de primeiro ano e tentareino facer o mellor posible no Campionato de España. Creo que pode estar entre as cinco primeiras da miña categoría, pero xa veremos", matiza.

Tras cubrir a etapa xuvenil, Carla Fernández renovou co equipo Río Mera Meruelo, que en 2020 terá licenza UCI. "Esta tempada que remata xa fun a dúas carreiras de nivel internacional e para o vindeiro ano estarei en probas importantes como a Clásica de San Sebastián. A min dáme moita confianza que apostaran por min para o equipo". No referente as súas características en estrada, aclara que "hai unhas semanas, fun a unha concentración e preguntáronme se era a velocista. Deféndome ben en todos os terreos. De momento, non me defino. A min o que máis me gusta é a contrarreloxo".

Luis Fernández Oliveira, terceiro onte e mellor ciclista porriñés na proba, explicou que "saiume ben a carreira. Estiven diante ó principio e despois aproveiteme de Carlos Canal, que como viña dende atrás, colleunos e marchamos bastante á súa roda. Despois tomou vantaxe e tamén Daniel López, pero caeu, e eu que ía encima, paseille. Aproveitei o momento para adiantar."

"O trazado o coñezo á perfección porque adestro aquí todo o ano cos nenos do club e a afición axudoume moito. Entre correr na casa e que xa levo bastantes anos nisto, que coñezo a todo o mundo, tiven bastante apoio", recoñeceu o ciclista.n

Contenido patrocinado

stats