O Carballal, con dúas baixas, visita ó líder, o Pozuelo
balonmán
O equipo vigués incrementou o seu rendemento nas semanas previas ó parón de Nadal
Moitos postos e unha ampla distancia existe entre o Pozuelo, líder da División de Honra Ouro, e o Carballal, antepenúltimo clasificado. O equipo madrileño cedeu un único partido e o de Cabral acumula tres vitorias e oito derrotas. Uns números que indican que a vitoria será local esta tarde no pavillón Las Espadas (20:00), pero as vigueses tentarán dar a sorpresa, pese a que a adestradora, Ana Alonso, ten as baixas de longa duración de Andrea Amarilla e Uxía Fernández. Esta segunda é probable que teña o ligamento cruzado roto e está pendente das probas médicas. Ausencias que debe xestionar a preparadora nun partido de extrema dificultade.
En todo caso, o equipo vigués incrementou o seu rendemento nas semanas previas ó parón de Nadal e buscará manter un nivel alto no regreso á competición. Non será sinxelo polo notable potencial do rival.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
balonmano
Cangas se sella con Pestic
EUROPEO DE ATLETISMO
Desde Vigo a Birmingham
Baloncesto
Sandra Martínez guía a España a semifinales