Camiño do título
El Olivo comezou por debaixo no marcador para rematar o encontro ante o terceiro, o Barbadás, cunha goleada en Navia
Oitava vitoria noutros tantos partidos para El Olivo na presente campaña.
O conxunto dirigido por Juan Carlos García 'Charlie' goleou onte ó Barbadás, un conxunto que chegou a Navia no terceiro posto e que sufriu un duro correctivo.
As xogadoras viguesas comezaron frías o encontro, sen atopar a súa habitual verticalidade ante un conxunto visitante que se adiantou no marcador por medio de Mónica Naval pasado o cuarto de hora de partido.
A igualada chegou a dez minutos do final cun gol en propia porta de Olga Grande e Lombi anotou o segundo tanto de El Olivo antes do intermedio.
Tralo paso polos vestiarios, o cadro vigués rachou de xeito definitivo o partido ante un Barbadás que pagou de forma clara o esforzo realizado no primeiro tempo para conter o líder da categoría. Deste xeito, Sara Tui, de penalti, estirou o tanteador e Lombi somou dous goles máis a súa conta para pechar o hat-trick. Natalia Sánchez tamén batiu a Patricia Casas e El Olivo somou a oitava vitoria consecutiva noutros tantos encontros para manter o liderato con tres puntos de renta sobre o Friol.
El Olivo:
Domínguez, Cris (Carla Otero, min. 30), Catu, Vicky, Loreto, Sara Tui, Pauleta, Carol (Nati, min. 52), Carla González (Álex Pichel, min. 65), Clo (Natalia Sánchez, min. 61), Lombi.
Barbadás:
Casas, María Martínez (Alba, min. 61), Patricia Cid, Mónica Naval, Bibiana Alves, María Nóvoa, Helena Ferreiro, Graña (Marta Besado, min. 67), Emma (Olga, min. 71), María, Andrea (Susana, min. 73).
Goles:
0-1, min. 18: Mónica; 1-1, min. 35: Olga García, en propia porta; 2-1, min. 40: Lombi; 3-1, min. 61: Sara Tui, de penalti; 4-1, min. 67: Lombi; 5-1, min. 67: Natalia Sánchez; 6-1, min. 78: Lombi.
Árbitro:
David Iglesias. Mostrou amarela a Loreto por El Olivo e a Estévez polo Barbadás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
tenis en silla
De la Puente seguirá junto a Róber Rodríguez
Fútbol | segunda federación
El Coruxo obtiene la cesión de Pelayo García hasta fin de curso
Lo último
Día Mundial contra el Cáncer
Gráfico | Día Mundial contra el Cáncer: tipos y evolución de casos
Aeropuerto de Vigo
Peinador recupera el vuelo a Mallorca hasta marzo