voleibol/cto de españa júnior
Los júnior del Club Vigo buscan hoy el título estatal
Ciclismo | Vuelta a España
O ambiente no alto de Herville era tristeiro, quizáis pola chuvieira que comezou a caer de vagar pasado o mediodía. Os ciclistas íanse mollar, os afeccionados o estaban pouco a pouco e os cicloturistas, sempre habituais, pasaban os últimos quilómetros ó mellor ritmo posible. É certo que con menos xente da prevista e algún que outro despistado apurando a retransmisión no bar do centro cultural.
Anos atrás tirábase da radio. Agora, son as aplicacións da televisión as que dan as noticias mentres os grupos máis grandes eran os que tiñan bandeiras. Por un lado, as de Palestina, pero no treito final destacaban as de Portugal e os carteis a favor de Joao Almeida, o heroe local. O de Caldas da Rainha tiña ó seu favor toda unha caldeira, que apagou antes de prender.
Foi cando chegaron as novas de que o final da etapa estaba suspendido polo tapón na rotonda de San Cosme. Non estaba garantida a seguridade —pese a que si pasaron por alí todos os cicloturistas que fixeron a subida—. E quedou baixar cara o coche con certa dose de decepción, de facer moitos quilómetros para nada para os seguidores do ciclista portugués, mentres que os amateur andaban algo desencantados por non ver ós profesionais, pero tamén aforraron unha boa molladura.
Así misturábanse no descenso antes da conta os sentimentos de decepción e cabreo, de comprensión e indignación. Paseo costa abaixo sen animar ós ciclistas e enterándose do que pasou na meta anticipada polo teléfono. Algún coa carraxe de meterse moitos quilómetros para non mirar ós ídolos.
Distintas foron as viviencias no alto de Prado. Alí, os afeccionados puideron vivir unha fermosa loita nas rampas máis duras do día. Saber colocarse tamén foi chave para vivir o ciclismo ou quedar sen el. Polas beiras, de novo, había moitas bandeiras de Portugal e de Palestina.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
voleibol/cto de españa júnior
Los júnior del Club Vigo buscan hoy el título estatal
piragüismo/copa del mundo
Graña se lleva un bronce y el K4 femenino, la plata
fútbol/tercera federación
El Gran Peña busca en Noia la última posibilidad de ‘playoff’
fútbol/primera federación
El Celta B visita en O Couto a un Ourense CF que necesita puntos