balonmano
De tirachinas y cañonazos
traiñeiras
A regata inaugural da Liga Femenina disputada onte en Boiro tivo á traiñeira local como principal vencedora da xornada e a Samertolameu como pequena decepción do día, ó estar lonxe das tres primeiras posicións.
A xornada comezou cunha primeira quenda con Cabo da Cruz, o barco de Meira e Perillo. Pronto tomou vantaxe o barco favorito ó título mentres que o coruñés tamén superaba ó de Moaña. A pesar dos intentos morracenses, a disposición da quenda non variou ata o final e, probablemente, lastrado por verse nunha mala posición, Samertolameu perdeu moito tempo cos seus precedesores.
Quedaba por ver o papel de Tirán Pereira na segunda quenda do día acompañada por Chapela e Rianxo, dous equipos de pouco potencial. Esta realidade plasmouse pronto porque as remeiras do Con marcharon con celeridade. A "Ruly" tiña por diante unha contrarreloxo que non daba boas novas nas primeiras ceavogas. Soamente igualou o tempo de Perillo da primeira tanda na terceira manobra. Iso si, no derradeiro longo superou ó barco coruñés en oito segundos para rematar a 14 de Cabo da Cruz.
A competición feminina chega hoxe a Ría de Vigo coa desputa da regata de Chapela (11:30).n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
balonmano
De tirachinas y cañonazos
fútbol sala
El Bembrive quiere presionar al Marín
esgrima en silla
Judith Rodríguez vive dos grandes combates en Hungría
Lo último