Brisa mariña no río Guadalquivir
traiñeiras
O cambio do vento marcou un axustado inicio la Liga ACT, con vitoria de Hondarribia e sétima praza para Tirán
Regata en río, baixo unha calor abafante, o que supoñía estar ante unha das probas máis duras de toda a tempada. Sevilla e o río Guadalquivir recibiron os remeiros da Liga ACT San Miguel por primeira vez e o fixeron en condicións que non gustan ó deportista pola alta temperatura e a baixa flotabilidade da auga doce.
Son elementos que sempre condicionan, pero onte o que marcou a regata foi o vento. As traiñeiras da Liga ACT están acostumadas a brisa mariña. Ese vento que acostuma a levantarse cara ó mediodía nas zonas costeiras. Onte, a pesar de estar moi lonxe de calquera praia, o aire comezou a moverse iniciada a regata. Os remeiros puidéronse sentir como na casa e este xiro inesperado do vento soprou a favor de Astillero. Na primeira quenda do día, a embarcación cántabra dispuxo de máis da metade da regata en calma, o que aproveitou para gañar a súa manga e, sobre todo, meter diferencias sobre as outras. Soamente Hondarribia, gañadora, e Urdaibai superaron o bote dirixido polo moañés Dani Pérez Fandiño.
No tocante a adestradores, José Ángel Cambados "Truco", o responsable de Tirán, finalizou a proba coas sensacións encontradas. A "Mar do Con" comezou a proba como a máis lenta de toda a regata para finalizar cun último longo dos máis rápidos da xornada.
Un día de contraste que comezou cunha primeira manga de absoluto dominio de Astillero. Dende o primeiro longo presentou a candidatura a meterse na zona media na presenta campaña. Aproveitou que nos primeiros dous longos a situación era de calma para establecer a mellor primeira metade de regata do día. Por detrás, Zumaia e Portugalete confirmaron que a súa misión será a permanencia, mentres que a Ziérbena de Zunzunegui ten marxe. Apunta á loita pola sempre transitada quenda intermedia.
Onte a formaron os dous botes de Pasaia de os dous galegos como herdanza do 2015. A Sanpedrotarra é a máis débil mentres que as outras tres prometen xornadas de gloria e emoción. Tirán Pereira comezou onte como a máis lenta para rematar como a máis veloz. Serviulle para remontar a desvantaxe acumula con Cabo da Cruz e quedar a cinco segundos da embarcación de San Juan. Polo medio meteuse Ziérbena.
Para a quenda de honra quedaron a Kaiku de José Luis Korta, o renovado Orio e as dúas mellores embarcacións dos últimos anos: Urdaibai e Hondarribia.
A embarcación fronteiriza con Francia iniciou o curso en Sevilla como o ano anterior. Gañou e o fixo con claridade ante unha Urdaibai que perdeu terreo durante toda a regata e aproximouse o seu rival no último longo, pero estaba moi lonxe. Kaiku cumpriu, a pesar de non poder superar a Astillero. A brisa fixo o seu traballo para facilitar o día o bote cántabro.
Dos grandes, o que deixou unha imaxe máis preocupante foi Orio. Mudou o adestrador este inverno e na primeira regata marchou á novena posición. Unha vía de auga para un club que por historia e obrigacións ten que loitar por vitorias. Onte asinou un resultado de primeira quenda, polo que na primeira semana de xullo xa terá obrigacións. Alí saberase se Sevilla foi unha accidente ou convértese en constante.
Con vento o sen el, o que non variou o Guadalquivir foi a tradición de que as primeiras regatas do ano acostuman a ser das máis igualadas do ano. Ata once embarcacións cruzaron a liña de chegada en menos de medio minuto. Diferencias moi pequenas e que irán medrando o longo do verán conforme algúns equipos cheguen ó máximo.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
voleibol
Dificultades lejos de Coia
baloncesto/liga challenge
El Celta descarta a Thomas y busca una alero física