'Brilli Brilli' móvese rápido e ben

A Coruxo Móvese reuniu a 700 persoas no Vao divididas entre a andaina, a orientación e o deporte adaptado

redacción. VIGO deportesad@atlantico.net

Publicado: 11 jun 2018 - 02:41 Actualizado: 12 jun 2018 - 01:13

Abel Caballero, alcalde de Vigo, proba unha 'handbike' baixo a mirada de Carmela Silva.
Abel Caballero, alcalde de Vigo, proba unha 'handbike' baixo a mirada de Carmela Silva.

Un día para facer deporte, para a integración e tamén para a familia. A edición 2017 da Coruxo Móvese reuniu onte na zona do Vao a máis de 700 persoas que tomaron parte nas distintas actividades organizadas pola Fundación Isidre Esteve e que, fundamentalmente, dividíronse en tres bloques: unha andaina, unha carreira de orientación e actividades de deporte adaptado con cativos.

De todo o programa, a cita de orientación era a única competitiva, pero coa idea de integrar equipos con participantes sen discapacidade con outros que si a tiñan. Deste xeito, a vitoria foi para un cuarteto feminino e cunha das súas participantes con problemas de mobilidade. Non obstante, o equipo chamado 'Tengo un tractor Brilli Brilli' foi o que mellor se orientou por Coruxo para rematar a proba na primeira posición.

Entre os puntos de obrigado paso, a organización da Coruxo Móvese preparou unha baliza no mar. Os equipo que foron máis rápido ata ela soamente mollaron as pernas, pero os últimos tiveron que nadar coa suba da marea.

Durante toda a xornada, os cativos participaron en bádminton, voleibol ou baloncesto en cadeira de rodas. A isto a organización engadiu unha carpa para que os nenos de menor idade pasaran a mañá mentres que os pais podían realizar a andaina, que tivo ó redor de 500 camiñantes.

Ás actividades uniuse o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Probaron varias modalidades deportivas e deron a saída da carreira de orientación.n

Contenido patrocinado

stats