Fútbol | segunda federación
El Coruxo busca sumar de tres ante el Valladolid Promesas
Remo
Xornada grande para Chapela, que buscou a mellor actuación posible na casa e asinou una regata notable na que acadou dez preseas, levou a bandeira na categoría masculina e obtivo tres vitorias parciais para liderar o ránking. Soamente escapouselle ó club do paseo do Cardona o ‘trapo’ correspondente ás categorías femininas, que foi para Tirán Pereira. Todo isto nunha xornada de calma, sen vento, e con sol durante a maior parte da mañá. Soamente unhas tímidas pingueiras mollaron algo ós remeiros sénior masculino no final do día. Algo case inaudito no que vai de inverno na Ría de Vigo.
Na idade sénior viviuse unha dobre vitoria local. En mulleres o batel berete, que mandou nas últimas tempadas, obtivo a primeira vitoria do curso con seis segundos de renda sobre Vilaxoán e oito con Tirán Pereira. En homes, os remeiros de Juan Zunzunegui asinaron a primeira e a segunda praza cunha ampla renda de máis de vinte segundos sobre Samertolameu, terceira.
Vila de Cangas e Samertolameu, con dous triunfos, completaron o palmarés para os barcos da Ría de Vigo
A estes triunfos, o club anfitrión sumou a primeira praza co batel cadete feminino (8:22.22), por diante de Vila de Cangas e Samertolameu, e co xuvenil masculino (9:51.26), seguido do barco de Meira e Tirán Pereira. Os clubs moañeses acadaron unha boa cota de vitorias. O do Con levou a bandeira feminina grazas ós triunfos do barco alevín (3:20.82) e o infantil (5:32.30). Acadou ata seis podios, pero sen máis vitorias.
Pola súa parte, Samertolameu subiu ó alto do podio coas tripulacións alevín (2:59.75) e sub-23 (9:28.66) masculinas. No seu caso, o número de postos de podio alcanzou os nove.
No referente á Ría de Vigo, pechou Vila de Cangas o palmarés ó acadar dúas vitorias entre as catro preseas obtidas. A vitoria foi para o barco infantil masculino (5:12.87) e o xuvenil feminino (11:01.66). Todo nunha xornada con ata 99 barcos no campo de regatas do paseo de Cardona, o que permite a competición de 495 deportistas entre remeiros e patróns. Unha morea de deportistas que amosa o predicamento dos bateis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar