Os beretes nadan nos Montes de Meira
Bateis
Chapela asina unha dobre vitoria na Bandeira Comunidade de Montes de Meira nunha mañá solleira e na que o vento apereceu para dificultar a regata sénior masculina
Día solleiro, de mar como un prato ata case o final. Xornada das que dá gusto vogar e na que xa foi necesaria a crema solar para evitar queimarse, circunstancia que padeceu algún remeiro olvidadizo. Este foi o contexto da Bandeira Comunidade de Montes de Meira, que tivo a Chapela como gañador nas dúas categorías (homes e mulleres) e nas regatas absolutas. O club ‘berete’ manda na tempada de barcos curtos.
No referente á partipación, volveu ser unha proba multitudinaria con ata 95 embarcacións, polo que uns 475 remeiros estiveron na regata e hoxe (10:30) vívese un novo capítulo no mesmo lugar coa disputa da Bandeira Concello de Moaña.
A proba sénior feminina foi de claro mando do barco do paseo de Cardona, que superou a Robaleira. Foi o mesmo resultado que rexistrouse na categoría sub-23. Na idade alevín, Cesantes gozou a primeira vitoria da tempada, en infantís gañou Tirán e en cadetes, Vila de Cangas.
Nas categorías masculinas, a única vitoria de Chapela chegou na categoría sénior, pero acaparou ata catro postos máis de podio para gañar a bandeira ós puntos. O palmarés completouse coa vitoria en sub-23 de Samertolameu; Mecos, en xuvenil; Tirán, en cadetes; Vila de Cangas, en infantil; e Samertolameu, en alevíns.
Máis alá de Chapela, o club organizador de Samertolameu asinou bos resultados, con dúas vitorias masculinas e tres segundas prazas cos bateis de cativas. Tirán e Vila de Cangas, con dous triunfos, tamén foron entidades destacadas. Hoxe haberá un novo capítulo de regatas no mesmo lugar. A previsión indica que volverá a ser un día solleiro e, de novo, con opción de que entre o vento á última hora para as regatas masculinas de maior idade. Algo habitual na Ría de Vigo e que pode condicionar o vogar dos deportistas. Pero non se saberá ó cen por cen ata que chegue o momento de remar a proba.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Conflicto en Oriente Próximo
Dimite el director de antiterrorismo de Estados Unidos: "Irán no representaba una amenaza inminente"