Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Bateles
Vigo/Imperio berete na Ría de Arousa. O club de Chapela obtivo nove podios con cinco vitorias no Campionato Territorial Sur de bateis que finalizou onte en Vilaxoán e que tamén tivo a Tirán e Samertolameu como entidades destacadas. O día estivo marcado polo vento da primeira hora da mañá, para despois calmar e rematar cunha mañá solleira e sen dificultades polas ondas.
As probas abstolutas viviron a vitoria dos barcos do paseo de Cardona. En mulleres, o triunfo chegou con certa claridade porque o barco laranxa superou en máis se sete segundos a Vilaxoán, mentres que Moaña e Tirán -dous barcos da entidade do Con-, completaron os bateis que irán ó Galego deste fin de semana.
En homes, a vitoria resultou máis axustada porque a tripulación berete tivo unha fermosa loita con Vilaxoán e resolta en segundo e media para os remeiros de Juan Zunzunegui. O bote arousán liderou a final ó longo de tres regos, pero cedeu no treito final. Completou o podio Moaña (Tirán).
As categorías femininas presentaron un palmarés máis repartido que as masculinas. Tirán acadou a vitoria en alevíns; Vila de Cangas, en cadetes; e Chapela en sub-23. Nesta última división cunha loita especialmente fermosa co barco de Robaleira e resolta por algo menos de catro segundos. Mecos, en infantil e xuvenil, acadou a vitoria para rachar o mando dos clubs da Ría de Vigo.
En homes, o dominio de Chapela incrementouse nun punto porque, ademais das vitorias en absoluto e sub-23, tamén acadou a primeira praza co batel xuvenil. Neste caso, bateu en cinco segundos a Bueu. Unha renda algo máis baixa (3,64 segundos) tivo o bote de xuvenís sobre Samertolameu.
Robaleira acadou a vitoria en alevíns, mentres que Vila de Cangas gañou en infantís e Mecos desfixo o mando da Ría de Vigo na categoría cadete. Superou por dous segundos a Tirán, con Robaleira, máis lonxe, na terceira praza. No referente ó número de clasificados para o Galego de Bueu neste fin de semana, Chapela enviará a nove barcos tras quedar dous fóra, mentres que Tirán meteu a oito, os mesmos que o seu club veciño de Samertolameu. Vila de Cangas clasificou a cinco e tanto Robaleira como Cesantes meteron a tres no certame autonómico. As entidades da Ría de Vigo mandan no sur e toparán con Cabo da Cruz, a potencia do norte, que terá a once bateis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último