Barreiro xa conta con catro pistas de pádel do trinque

A inauguración celebrouse o luns cunha xornada especial de convivencia na que tomou parte o alcalde de Vigo, Abel Caballero

O alcalde animouse a xogar coa pala no acto da inauguración.
O alcalde animouse a xogar coa pala no acto da inauguración.

As novas pistas de pádel de Máis que Auga Barreiro xa están abertas ao público. A inauguración celebrouse o luns cunha xornada especial de convivencia na que tomou parte o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen non dubidou en coller unha pala para intercambiar algúns golpes. O rexidor xogou xunto ao director de MQA Barreiro, Santi Freire, e enfrontáronse a Raquel e Tamara, dúas das xogadoras que estaban estreando as novas instalacións.

A actuación realizada en Barreiro supuxo un investimento superior aos 300.000 euros e transformou catro pistas de pádel exteriores de muro en modernas pistas panorámicas de cristal cubertas, con céspede de última xeración.

Contenido patrocinado

stats