Baixo o sol de Cardona

Remo

Chapela, na categoría masculina, e Perillo, na feminina acadaron a vitoria no Memorial Paco Fenosa de traiñeras disputado nun fermoso día solleiro coa participación de 616 remeiros

A traiñeira de Chapela avanza pola Ría de Vigo para acadar a vitoria no Memorial Paco Fenosa.
A traiñeira de Chapela avanza pola Ría de Vigo para acadar a vitoria no Memorial Paco Fenosa. | JV Landín

Ás veces, en Galicia, non chove. En ocasións, ata sae o sol e, tamén de vez en cando, este ceo azul coincide cun domingo pola mañá na Ría de Vigo e deixa un escenario perfecto para a práctica do remo. Sucedeu onte con motivo da disputa do Memorial Paco Fenosa de traiñeiras en Chapela e todos os afeccionados puideron gozar dun día magnífico, mentres que os remeiros gozaron e padeceron a partes iguais. Porque as boas condicións converteron a regata de pretempada nunha xornada de gran dureza física, na que levar ó extremo os corpos dos 616 remeiros que competiron na proba.

Polo tanto, o test de cara á tempada resultou notable e viviu a vitoria de Chapela, que este ano ten o reto de vogar na Liga ACT tras o seu ascenso. Onte superou en doce segundos a Ares, que tamén estará na máxima categoría, mentres que Tirán Pereira e Samertolameu ocuparon as dúas primeiras posicións entre os barcos que competirán na Liga Galega. A vitoria local cimentouse na segunda parte da regata e grazas a unha frecuencia notablemente alta para o inverno, o que indica unha notable preparación do barco redondelán. En mulleres, a primeira posición asinouna Perillo nunha veradeira exhibición, porque meteu vinte segundos a Tirán Pereira e máis de medio minuto a Chapela. De xeito que o barco de Oleiros xa apunta ó principal favorito no presente curso.

A cita tamén tivo regatas para os veteranos, con vitorias para Samertolameu, en homes; Vila de Cangas, en mulleres; e Esteirana, en mixto. Esta categoría xa tivo 16 barcos.

Contenido patrocinado

stats