Baiona acollerá o estatal de traiñeiras os días 27 e 28 de xuño

Traineras

É a primeira ocasión que Galicia acolle este evento tras trocar a súa data no calendario

Baiona albergou unha regata da Liga Galega en 2018.
Baiona albergou unha regata da Liga Galega en 2018. | arquivo

A localidade de Baiona albergará o último fin de semana do mes de xuño (27 e 28) o Campionato de España de traiñeiras, que regresa a Galicia por primeira vez dende que se adiantou a data ó comezo da tempada para non coincidir coa Liga ACT. Desde xeito, está aberta a opción a que viaxen ata o Val Miñor as tripulacións máis potentes de España.

Esta cita será a principal do calendario estatal en banco fixo para Galicia, xa que os certames de bateis e de traiñeiriñas disputaranse no Cantábrico. O País Vasco albergará os días 18 e 19 de abril o Campionato de España de bateis e para os 23 e 24 de maio queda o de traiñeiriñas en Castro Urdiales.

As vindeiras semanas haberá por determinar cuestións que están no aire como o deseño do campo de regatas de Baiona, xa que dende 2018 non alberga unha proba de traiñeiras. Naquela ocasión, foi ó comezo da Liga Galega, unha cita de moita menos entidade. É certo que o evento de 2026 conta co respaldo da Federación Galega de remo e, polo tanto, a entidade terá moito peso no deseño de todas as cuestións técnicas.

No remo olímpico

No referente ó remo olímpico, Castrelo de Miño volverá a ter probas nacionais. Será ó comezo do curso coa disputa do Estatal de longa distancia e o de seleccións por autonomías o 7 e 8 de febreiro.

Contenido patrocinado

stats