baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
CICLISMO
Un calendario de dezanove probas dende o domingo 7 de outubro ata o día previo ó final de ano, no que se disputa o Campionato de Galicia. A Copa Galicia de ciclocross medrou de xeito exponencial nos últimos anos e nas grellas de saída de cada unha das competicións terá este ano un regreso de nivel, o experto Aser Estévez. "Levo nove anos, dende 2012, sen participar porque naquel tempo apenas había probas e pasei á estrada. Agora case é o revés e quería volver ó ciclocross. É atractivo", recoñece o ciclista, que onte realizou un acto no Talaso Atlántico de Oia para anunciar un novo xiro á súa carreira ciclista.
"É a disciplina na que comecei. Formeime aí e quero volver. A idea xa era estar en 2017 pero tiven unha caída. Agora xa levo uns meses preparándome e, de feito, tomei a tempada de estrada diferente, con outros adestramentos", indica o corredor do Cortizo Anova. Non obstante, a pesar de ser un territorio coñecido, o corredor explica que existen novidades porque "a normativa é distinta e, sobre todo, as bicicletas mudaron moito nestes anos. Agora os freos son de disco e córrese con monoprato, xusto ó contrario de cando o facía eu. Despois hai outros detalles de normativa ós que tes que adaptarte".
Todos son detalles, pero o ciclista da Guarda ten os obxectivos claros e unha vella conta pendente pola que regresa a esta modalidade deportiva. "Quero facer unha boa tempada e entrar na selección galega que dispute o Campionato de España. Pero non quero quitar a praza a ninguén e tampouco que me agasallen con nada. O obxectivo é estar ben, adiante, facer unha boa tempada e tamén loitar no Galego. Se dou o nivel, teño ilusión por estar nese Campionato de España que é en Pontevedra", asegura. Porque toda esta formulación chega porque "no meu último ano no ciclocross estiven a punto de entrar na selección española, que foi á República Checa ó Mundial. Non estiven porque había que ter feitas unhas probas médicas uns meses antes e non as tiña. Igual, se dou un bo nivel, nun par de anos podo loitar por iso".
Deste xeito, Aser Estévez amósase ambicioso no seu regreso ás probas de inverno e o lameiro que caracteriza ó ciclocross, aínda que o pasado ano soamente apareceu agua e barro nas últimas citas do calendario. Mentres, para chegar na mellor forma posible, Estévez explica que "para adestrar non é como na estrada, que existen quilómetros case infinitos. Teño que ir á zona de Eiras, no Rosal, onde se organiza a proba de ciclocross, e tratar de adestrar alí coa area, as curvas pechadas e os obstáculos. Agora teño o fondo e traballo a explosividade, a técnica e os trocos de ritmo".
A tempada comeza este domingo co Trofeo Concello de Poio e o sábado 27 xa é o momento do Trofeo Concello do Porriño, a primeira proba nos arredores de Vigo. A planificación tamén recolle a cita de Ponteareas, novidade no calendario, o domingo 18 de novembro. O Rosal, un día antes, completa as citas do sur da provincia de Pontevedra dentro dun outono con ata 19 competicións por todo o territorio galego.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
Balonmano
El Porriño se sabe defender
Balonmano
El Cangas gana y sale del descenso