EUROPEO DE REMO
Plata de ley para el Conde
Aroa Sío apañou a vitoria no Trail Porto do Moniz, que se disputou onte na illa portuguesa de Madeira, onde a deportista viguesa adoita a ir a cotío para adestrar. A atleta de Coruxo foi a mellor na distancia ultra, de 43 quilómetros, e levantou os brazos despois dun esforzo de 5 horas 41 minutos e 9 segundos. Unha xesta para calqueira, o día a día para ela.
Sío liderou a proba de principio a fin. De saída, con noite pechada e focos nas cabezas para alumear o camiño, ata a chegada, xa baixo a luz do día. A viguesa non deu tregua ás súas rivais e comandou con firmeza unha proba que se levou cun amplo marxe sobre a segunda clasificada, Cristina Arreiol, que parou o cronómetro en 5h53:51. Ó terceiro chanzo do podio subiu Olga Sapach, cun tempo de 5h57:35. Todo, tras un esforzo moi esixente, con case 4.000 metros de desnivel positivo na Macaronesia lusa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EUROPEO DE REMO
Plata de ley para el Conde
FÚTBOL | COPA FEDERACIÓN
El Antela remonta al Gran Peña en los instantes finales
Lo último