Ares chega ó último día igualada con Zarautz
liga act
Ares xogarase a permanencia na Liga ACT hoxe (12:00, TVG2) e Boiro e coa tranquilidade de saber que, en caso de superar a Zarautz, permanecerá un ano máis na máxima categoría do remo. A esta proba chegan os dous barcos empatados na décima e undécima posición da táboa con 60 puntos despois do bo rendemento do barco de Ferrolterra onte na regata da súa casa.
A embarcación adestrada por Alberto Hermo mandou dende o inicio ó final da quenda inicial da xornada, que se disputou cun vento forte, superior os vinte quilómetros á hora, que dificultou a tarefa dos remeiros. Ondarroa meteuse entre Ares e Zarautz, de xeito que os de Ferrol puideron neutralizar a renda que tiña o seu principal rival por evitar a posición que envía a loitar por unha praza na ACT no 'play-off' do 19 e 20 de setembro.
Nesta competición estarán os barcos moañeses de Samertolameu e Tirán, e tamén Pedreña e San Pedro, da Liga ACR. Cinco botes para dúas prazas na máxima categoría.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
tenis en silla
De la Puente seguirá junto a Róber Rodríguez
Fútbol | segunda federación
El Coruxo obtiene la cesión de Pelayo García hasta fin de curso