Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
división de honra xuvenil
Ata o momento, a segunda volta para o Areosa comeza do mesmo xeito que rematou a pasada, sen vitoria e errando moitas ocasións. O equipo vigués volveu a ter posesión, a pisar área contraria e tamén a fallar opcións para gañar o partido. Onte enviou dous balóns ó pau na segunda metade, nesas ocasións estivo o partido.
En contra do habitual, o Areosa adiantouse no partido por medio de Samu ó cuarto de hora de xogo e a renda durou pouco, cinco minutos, ata o empate de Jimi. Sen máis tantos chegouse ó descanso.
Ós cinco minutos da reanudación anotou Isma o segundo gol e a formación lucense e o partido converteuse nun monólogo do Areosa, que tentou o empate de tódolos xeitos posibles. Incluso enviou dous balóns ó pau, pero foi Samu, o goleador onte, o que estableceu a igualada definitiva ó aproveitar unha pena máxima tras man do visitante Jimi.
Quedaban máis de vinte minutos por xogar, pero o tanteador xa permaneceu inalterable ata o final do partido no campo vigués da Xunqueira. Co punto, o Areosa continúa en zona de descenso, na penúltima posición, a tres da permanencia e xa acumula oito xornadas sen gañar, unha xeira moi negativa e que debe ser resolta con brevidade para ter opcións de permanencia ó final do curso.
A próxima semana, a formación da ribeira do Lagares visita a un rival directo da zona baixa, o Llano 2000.n
Areosa:
Mateo, Pacheco, Expo (Sergio, minuto 64), Peixoto, Guille, Arnosi (Viti, minuti 67), Antón, Santi, Sami (Javi, minuto 86), Diego y Óscar (Torres, minuto 86).
Lugo:
Julen, Brais, Martín, Cristian, Matías, Jimi, Rubi (Casariego, minuto 76), Vidal, Navia (Pablo, minuto 55), Isma (Ubay, minuto 74) y Peque (Roi, minuto 62).
Goles:
1-0, minuto 15: Samu; 1-1, minuto 20: Jimi; 1-2, minuto 50: Isma; 2-2, minuto 67: Samu, de penalti.
Árbitro:
Uxío Caamaño. Amonestou a Arnosi e Viti polo Areosa e a Navia no Lugo. Expulsou ó lucense Vidal (min. 67) por dobre amonestación.
Incidencias:
Partido correspondente á décimo sexta e primeira xornada da segunda volta en División de Honra xuvenil.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada