Balonmano | Liga Asobal
El Cangas se juega la temporada en casa
terceira división
Onte o Alondras realizou un bo partido, chegou ó area contraria e tivo ocasións, pero careceu de acerto no remate. En gran medida, esta carencia chegou polas ausencias dos dous dianteiros puros do equipo, xa que Pablo Couñago está lesionado e Andrés é baixa por motivos laborais.
Os primeiros minutos foron dos de menos fútbol de ataque no campo do Morrazo. Algunhas imprecisións e poucas chegadas ó area por parte dun equipo local necesitado de puntos e dun Vilalbés que tiña a oportunidade de rematar a xornada no liderado en caso de gañar. Non obstante, o equipo que comezou a elaborar xogadas de ataque foi o local, especialmente polas intervencións dun activo Mauro que regresaba á formación titular tras cumprir unha sanción.
O dominio cangués non rematou en grandes ocasións no primeiro tempo e as mellores opcións de gol chegaron xa no segundo acto. Pola súa banda, o Vilalbés limitouse a defenderse no Morrazo e non amosou a capacidade e o fútbol que o sitúan na segunda posición da táboa. Si amosou certa eficacia defensiva porque, lonxe de facer un bo encontro, concedeu tres ocasións de gol ante unha formación local en ataque case constante.
Mauro tentou o gol cun disparo a un cuarto de hora para o final do partido. A continación foi Joni o que desbordou para poñer un centro ó que non chegou Champi e un saque de curruncho do canteirán rematouno Tubo e o esférico marchou fóra por pouco.
Sen tempo para máis, o Alondras finalizou o partido cunha igualada e chega ó final da primeira volta con vintedous puntos, cunha marxe de catro sobre a zona de descenso. Unha situación mala para un equipo pensado para loitar polas posicións de promoción de ascenso. No seu campo do Morrazo non gaña dende o pasado mes de setembro e xa non terá oportunidade de facelo ata 2017.
Pola súa banda, o Vilalbés sumou un punto co que continúa na segunda posición e perde a ocasión de superar a un Rápido de Bouzas que tamén empatou na visita ó Arosa. A formación lucense loita polo ascenso.
Alondras:
Martín, Castilla, Borja, Fiuza, Rubén Comesaña, Abel, Tubo, Álex (Fondevila, min. 70), Mauro (Viñas, min. 82), Champi, Iván (Joni, min. 65).
Vilalbés:
Marcos, Álex Cabarcos, Álex, Hugo, Javi Varela, David García, José Varela, PabloVivero, Sergio, Gerardo (Arón, min. 93), Villares (Verez, min. 86).
Árbitro:
Hernández González, auxiliado por Mazaira Rodríguez e FarougouDiallo, do colexio de Ourense. Amonestou a Borja, Abel, Tubo e Champi polo Alondrase a PabloVivero polo Vilalbés.
Incidencias:
Partido correspondente á décimo novena e última xornada da primeira volta disputado no campo do Morrazo ante, aproximadamente, uns 600 espectadores nas bancadas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
El Cangas se juega la temporada en casa
Piragüismo | Slalom
Manu Ochoa iniciará su curso en el Mundial
Tenis en silla
Martín De la Puente, a la final de dobles en Barcelona
Lo último
Día de las fuerzas armadas
Directo | Revista naval y exhibición dinámica en Samil por el Día de las Fuerzas Armadas en Vigo
INICIATIVA DE LA SOCIEDAD CIVIL
Las principales organizaciones gallegas promotoras del emprendimiento apuestan por un rural resiliente frente a los incendios