Agora faltan goles no Porriño

Balonmán

O equipo louriñés perdeu na visita ó Elche nun partido de tanteador baixo

Caro Bono fai un lanzamento no que tenta supera a defensa do Elche.
Caro Bono fai un lanzamento no que tenta supera a defensa do Elche. | Joaquín de Haro

Cos partidos, co tempo, aparecen os puntos débiles e o Conservas Orbe Zendal Porriño esta nese punto. A marcha en xaneiro de Paulina Buforn e Aitana Santomé repercutiu en moitos trocos internos e, coas semanas, no que temía o se preparador, Isma Martínez: a falta de goles. O conxunto louriñés continúa sendo solvente na parcela defensiva, encaixa pouco e loita os partidos. Pero agora carece da anotación que tiña antes. Faltan argumentos combinativos, segunda onda de contraataque, un para un e xogo de continuidade. Esta perda ten que compensala con outros argumentos e, ata o momento, non aparecen porque os extremos producen pouco e na primeira liña o traballo de Bruna Ribeiro e Vicky Zsembery non chega para tapar as carencias xeneradas. Os trocos tamén inciden na baixa aportación de Adriana Mallo e Caro Bono que, moi cargadas de minutos, perden efectividade na definición.

E así, o Porriño perdeu onte na visita ó Elche nun partido que podía deixar pechado un posto entre os oito primeros equipos da División de Honra. Terá que seguir loitando o equipo ata o final de curso porque marcha na sexta praza con sete puntos sobre o noveno. Iso si, o equipo ilicitano xa está a tres puntos na táboa.

O encontro comenzou con mando local nun contexto de poucos goles que chegou co 11-9 ó descanso. Trala paso pos vestiarios, apertou o encontro o equipo de Isma Martínez (14-14) pero a reacción quedou aí. Unha exclusión de Zhukova volveu a impulsar ó Elche, que xa non perdeu o mando do enfrontamento e gañou por catro tantos de renda. A formación vermella intentouno, pero faltaron goles para loitar pola vitoria. Tivo ataques e momentos para tentar axustar de novo o enfrontamento, pero as opcións quedaron en nada.

O vindeiro sábado, o equipo louriñés recibe no seu pavillón ó Rocasa Gran Canaria, un dos tres equipos que loita pola primeira praza la liga regular. Moitas dificultades neste treito de tempada para a formación de Isma Martínez.

Elche 22 - Porriño 18

Elche:

Nicole Morales (p.) (1), Udane Bernabé (p.s.), Laguna (3), Paula Agulló, Oppedal (2), Patricia Méndez, Spinelli, Gascó (1), Zaira Benítez (3), Bernabé (1), Vanessa Rubio (2), Bomaba, Armenteros, Carmen Figueiredo (7), Solla (2).

Conservas Orbe Zendal Porriño:

Ferrarín (p.), Palomino (p.), Mallo (1), Zhukova (2), Bono (2), Juliana Santos, Alicia Campo (1), Zsembery (6), Bruna Ribeiro (4), Adriana Rial (1), Carmen Prelchi (1), Manterola, Laguna.

Parciais:

3-2, 5-3, 7-3, 8-5, 10-8, 11-9 (desc.), 13-12, 13-13, 16-14, 18-14, 21-15, 22-18.

Árbitros:

Jorge Pérez González e José Luis Hernández Lara. Excluiron dous minutos a Bernabé, Rubio, Figueiredo; Zhukova (2), Prelchi.

Incidencias:

Vixésima xornada de División de Honra. Pabellón Esperanza Lag.

Contenido patrocinado

stats