NATACIÓN PARALÍMPICA
Juan Ferrón acude al Europeo para disputar cinco pruebas
Balonmán
O Conservas Orbe Zendal Porriño, que xoga mañá as semifinais da European Cup ante o Hazena Kynzvart checo, pero nos últimos días pechou os trámites de varias fichaxes para o vindeiro curso e, con eles, compensa as baixas xa confirmadas nas últimas semanas. Ademais da húngara Viktória Zsembery, tamén xogarán no equipo louriñés a viguesa Adriana Mallo, a vasca Ugazi Manterola e a brasileira Isabela Rodrigues Ferrarin.
Mallo milita na presente tempada no Beti-Onak pamplonés e xogou a pasada final da Copa da Raíña. A xogadora, canteirá do Carballal, optou polo club navarro cando comezou a etapa universitaria. Agora regresará a preto da casa e recalará o vindeiro curso no equipo louriñés. Se non hai trocos inesperados, coincidirá con Sergio Mallo, que este ano é asistente de Isma Martínez. É unha lateral que nos últimos anos destacou en facetas defensivas no centro da zaga, aínda que no equipo vigués participaba en ataque.
As chegadas de Ugazi Manterola e Isabela Rodrigues Ferrarin foron adiantadas polo medio dixigal Deporte 100x100 e confirmadas por Atlántico. Manterola é unha extremo dereita, zurda de lanzamento, de 20 anos e moi prometedora ata o punto que chegou a debutar coa selección absoluta de España en 2022. Non obstante, algúns problemas físicos pararon a súa evolución. Milita no Zuazo. Rodrigues Ferrarin é unha porteira de moita experiencia ós seus 31 anos. Procede do Morvedre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATACIÓN PARALÍMPICA
Juan Ferrón acude al Europeo para disputar cinco pruebas
TROFEO PRÍNCIPE DE ASTURIAS
Un domingo decisivo
DIVISIÓN DE HONOR JUVENIL
El juvenil celeste no falla y empieza la liga goleando
Fútbol | tercera federación
El Gran Peña se deja remontar en Barreiro