Con 300 piraguas no Miño
PIRAGÜISMO
O Descenso Internacional reunirá este sábado a palistas de 41 clubes e tres países no percorrido tradicional de 14 quilómetros entre Salvaterra, coa saída multitudinaria, e Tui
O campión olímpico cangués Carlos Pérez ‘Perucho’ e os campións do mundo José Ramalho, Adrian Boros, ZSofia Czéllai-Voros, Tania Fernández e Manu Garrido forman parte dos 402 deportistas que este sábado van participar no 55 Descenso Internacional do Miño, organizado polo Kayak Tudense. A histórica proba mantén unha participación similar a edicións anteriores, reunindo a 41 clubs de Hungría, Portugal, Madrid e Galicia con un total de 300 embarcacións. Nesta ocasión, non hai un K2 favorito para a vitoria absoluta pero sí que se mantén a entrega ó club gañador da escultura dun padexeiro sobre unha onda obra de Juan Oliveira.
O descenso partirá ás 18:00 horas dende Salvaterra, nun momento inicial espectacular, coas piraguas saíndo ó río dende as dúas marxes. As e os deportistas en K1, K2, C1 e C2, nas categorías cadete, xuvenil, senior e veteráns, deberán completar os 14 quilómetros ata a liña de meta situada fronte ás gradas da rúa Olímpicos Tudenses en Tui. A vila tudense vivirá así de novo a súa festa do río, tras celebrar o pasado sábado o Descenso Popular, que reuniu a preto de medio millar de participantes.
O olímpico Perucho e cinco campións do mundo palearán este sábado no último tramo do río Miño
O acto de presentación tivo lugar onte na sede do club e contou con representantes de todas as institucións. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quixo converter o acto nunha homenaxe ó Kayak Tudense e afirmou que “ocupa un lugar privilexiado na historia do piragüismo galego”. Nese punto o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, aludiu ó proxecto no que están a traballar para mellorar as condicións dos clubs de piragüismo e remo.
Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte, Roberto García, destacou o valor histórico da proba e a directora técnica de Deportes da Deputación de Pontevedra, Xisela Aranda, referiuse a tres elementos destacados que se dan neste evento: as persoas, o territorio e o deporte en sí. O descenso sairá un ano máis dende Salvaterra e o seu concelleiro de Deportes, Edgar Martínez, salientou a alta participación e a boa organización da tradicional cita. Por último, dende a Comandancia Naval do Miño, o seu segundo, Carlos López, amosou a disposición da Armanda a colaborar sempre co Descenso do Miño, o que contribúe a dar a coñecer a misión que realizan no río.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Bádminton
Derrota con mucho honor
PIRAGÜISMO
Con 300 piraguas no Miño
Ciclismo | La Vuelta a España
El UAE, “acostumbrado” a la presión de las grandes carreras