“Xardín suspenso”, un novo paso no teatro luso-galaico
VIGO
O Centro Dramático Galego representará o 6 de maio unha obra vencellada a Vigo
O Centro Dramático Galego (CDG) estrena o vindeiro mércores no teatro García Barbón, "Xardín suspenso", unha peza escrita por Abel Neves, o referente da dramaturxia portuguesa contemporánea.
Non se trata dunha representación máis. É, tal e como explicou onte, o director da compañía, Manuel Guede, "un proxecto de futuro co que se establece un diálogo entre o teatro galego e o portugués". Así de xeito case simultáneo, o Dona María II de Lisboa prepara a estrea de "Saxo Tenor", de Roberto Vidal Bolaño, nunha homenaxe o gran autor galego "pasados os faustos do Día das Letras Galegas de 2013", sinala Guedes. Foi precisamente nese ano cando se xestou o inicio dunha colaboración entre os centros dramáticos galego y portugués que se inaugura con esta dobre representación. Nun restaurante desta cidade reuníronse Joâo Mota e Carlos Vargas, do Dona María II; José Martíns, do Centro Dramático de Viana do Castelo; Manuel Coelho, do teatro Malaposta de Porto; Anxo Lorenzo, secretario de Cultura e o propio Guedes. Naceu así o Proxecto Nós, onde Galicia e Portugal honran mutuamente os seus teatros, "establecendo un diálogo en pé de igualdade que constrúa lazos afines, para o que tiveron que pasar 20 anos".
Unha vez escollida a obra de Neves como a máis representativa da escea lusa, un texto irrebatible e canonizado, elixiron director. O segundo vencello coa cidade xurde aquí, xa que o encargo lle caeu a un vigués, Candido Pazó, moi vencellado á escea da lusofonía. O escenógrafo tamén local, Carlos Alonso, foi o encargado de facer realidade o xardín "onde non medra nada", un espazo único que resume a mensaxe de toda a obra. Finalmente, a actriz principal, Melania Cruz, cumpleta a relación coa cidade. Aínda que naceu en Lugo, en 1983, estudou no Centro Superior de Arte Dramático de Navia. "Para min é moi importante actúar aquí, en Vigo, onde me formei", sinalou onte na presentación da obra. Foi escollida por Candido por a súa combinación de "fortalexa e fraxilidade". Demostrarao, o día 6, no teatro con César Cambeiro, Rocío González, Luisa Merelas, Santi Romay e Ana Santos.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último