A viguesa Ruth Lodeiro expón a súa escultura no Tambre

vigo

REDACCIÓN. vigo

Publicado: 10 feb 2020 - 00:13 Actualizado: 12 feb 2020 - 02:06

Ruth Lodeiro coa súa obra.
Ruth Lodeiro coa súa obra.

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará hoxe o proxecto expositivo “Territorios de fin”, un conxunto de series escultóricas da artista Ruth Lodeiro (Vigo, 1964). O acto celebrarase ás 20:00 horas no Centro Empresarial do Tambre de Santiago. A exposición estará aberta ao público ata o vindeiro 28 de febreiro.

Con cerámica cosida mediante fíos, tules, arames e cordas, a artista reflexiona sobre o grupal e o individual mediante series críticas e autocríticas: o imperio da imaxe, en “Ollos”; ás acumulacións materiais na serie “Ósea”; á devastación da terra en “Xardín do Mal”; o mar como protagonista en “Auga- Mares”; e a denuncia feminina en “Orixe” e “Eva-Sherezade”. Nesta mostra exhibirá unha trintena de obras destas seis series escultóricas.

Contenido patrocinado

stats